Hoxe vou reincidir no tema dos gatos domésticos, fai pouco falabamos da incidencia das poboacións cimarronas (ou asilvestradas) de gatos domésticos na fauna urbana. Ben, non son só os gatos asilvestrados os que inciden nas poboacións salvaxes de animais, senón tamén os domñesticos, incluso os ben mantidos.
Desta volta amósovos unha secuencia de imaxes nas que un gato doméstico captura un rato do campo (Apodemus sylvaticus), estas imaxes, que por unha banda amosan parte da función intríonseca pola que o home domesticou ao gato, non terían máis sona de non ser polos antecedentes que esta especie, fiel compañeira do home, ten na historia. Así, por exemplo soe dicirse que o gato puido remediar incluso períodos de fame a certas civilizacións (por exemplo á exipcia onde os gatos eras adorados coma deuses, e mesmo momificados) ao impedir que os roedores acabaran coas reservas de alimentos do home.
Sexa como fora a historia do gato tamén ten capítulos escuros, non pola maldade da especie, senón polo uso que o home fai en ocasions das especies das que se considera dono, vouvos polo tanto a contar agora unha historia.
Corría o ano 1895, por aquel entón Lionel Walter Rothschild cataloga unha nova especie para a ciencia a carriza de Stephens (Xinicus lyalli), este pequeno paxaro, incapaz de voar, vivía exclusivamente na illa de Stephens, situada entre as duas illas principais de Nova Zelandia. O señor Lionel describiu a especie en base aos exemplares que lle enviou D. Lyal, fareiro da illa, a quen lle adicou a especie. Os trece exemplares que se coñecen son os que cazou o gato do fareiro, a quen se lle responsabiliza da extinción desta especie, que ao non poder voar, foi presa fácil para o avispado felino. Sábese asemade que a especie estaba presente nas illas princiapais, pero extinguiuse coa chegada dos primeiros polinesios, que trouxeron consigo as primeiras ratas.
Triste historia que nos amosa como un pequeno xesto , en ocasións carente de malas intencións, pode traer consigo consecuencias terribles para un ecosistema fráxil. Sen ánimo de ser catastrofista, deíxovos as imaxes deste gato e este rato, que coincidirón, quizáis por desgracia, nun momento e nun lugar a cabalo entre os concellos de Ourense e Punxín.
magnifica serie!! menuda captura, la tuya y la del gato
ResponderEliminarGracias, un poco de paciencia y el resultado está garantizado!
ResponderEliminar