COLEGAS

jueves, 23 de diciembre de 2010

O Queixa: ser mitolóxico do Macizo Central?


"Se a paixón, a loucura non pasaran algunha vez polas almas ¿de qué valdría a vida?"
Jacinto Benavente
(1866-1954) Dramaturgo español.

Alguén me dixo recentemente, un bó amigo, que para enfrontarse á verdade hai que ter a mente aberta, gran frase dun ornitólogo que cada vez que vexo me deixa ca boca aberta, cheo de sabiduría, humildade e saber estar.

Fai algún tempo sei que vos trouxen de cabeza cas informacións vertidas a través das páxinas deste blogue sobre o lince no contexto xeográfico ourensán. como moitos de vós sabedes, recivo correos de diferente índole que me achegan ás veces a atopar bicho moi interesantes, e algúns de vós tendes vido comigo a tales encontros, moi ben agora contareivos unha lenda ca que me atopei recentemente.

En certo pobo do Macizo Central Ourensán hai un foxo para os lobos, os foxos son unhas antigas construccións, das que falaremos pormenorizadamente en próximas xornadas, ideadas para rematar ca vida do último gran depredador da provincia: O lobo ibérico (Canis lupus signatus.

Sen embargo neste foxo non só se deu morte aos lobos, senón tamén ao "queixa", un animal temido, e descrito como un felino de gran tamaño...

Queixa? dixen eu...entón lembreime de que hai que abri-la mente para enfrontarse á verdade, e pescudei, entón topeime con iste enlace, no que se escoita o son dunha femia do lince ibérico (Lynx pardina). E propoño a teoría seguinte:

O queixa é o lince, ou lobo cerval, e o lobo cerval é chamado así non por que se alimentase de cervos, senón por que emitía sons, vocalizacións como eles. será certa a miña teoría? sera tan só pura criptozooloxía?, ou calquera parecido ca realidade é pura casualidade?

Certo ou non o queixa existiu, quizáis exista aínda no corazón de alguén, ou quizáis sexa tan só un compañeiro máis de viaxe do yeti, o bigfoob e nessy.

Pero de ser certo teriamos entón un novo dato, Chandrexa de Queixa, sería entón un topónimo asociado á presencia do gran felino da fauna ibérica na provincia de Ourense, e para aqueles que están a castelanizar os nosos topónimos, con perlas como Rubiana por Rubiá, ou Desván de los Monges, por Sobrado dos Monxes, direilles entón que o que eles pretenden que sexa Chandreja de Queija, en castelán será por sempre xamaás, "el llano de la iglesia del lince", se é que o queren traducir correctamente. Bromas aparte o topónimo de Chandrexa de Queixa fai alusión á serra de Queixa que como ben dí Xosé Ramón Reigada é A Serra do lince.

Recoméndovos que leades os comentarios que os lectores fixeron a esta entrada.

Sexa como sexa velahí tende-lo queixa, sacade vós as vosas propias conclusións, e se o tendes a ben, contádemo....

34 comentarios:

  1. A Mitolóxía Galega é un mundo aparte, paralelo, pérdese na noite do tempo
    Se ollamos o contexto proposto dende o punto de vista dun galego de séculos pasados en contacto intuitivo coa Mai Natureza e co Alén, mesmo se formos un, chamémoslle, Druída, e ouviramos o miaño do Lince, dunha femia en celo, en cío, certamente diriamos que está a queixarse, que semella un ser sobrenatural
    Coa mente esperta, acho válida a proposta de que o Queixa sexa o Lince
    Por certo, unha das serras do Macizo Central Ourensán chámase de certo "Serra de Queixa"
    Obrigado pola información !
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Que precioso comentario compañeiro, sen palabras, e é ben difícil deixarme a mín mudo...

    Grazas!

    ResponderEliminar
  3. Port certo esta é claramente a nova liña á que me refería na entrada anterior, agardo sinceramente sexa do voso agrado.

    ResponderEliminar
  4. Amigo Alberto
    Son Miguel Losada, un amigo de Reigada e natural da Pobra de Trives onde vivín toda a mocidade e onde inda teño casa.

    Eu crieime coa xente da serra ademais dos da Vila. Créalo ou non nos anos 70 inda había xente que traballaban de trampeiros pola Serra e as fragas dos rios. Un deles é un parente político meu que fala as veces das súas aventuras anteriores á emigración.

    Nelas apareceu duas veces o Queixa, grande felido que, en resumo, lembra non ó lince ibérico, do que tamén buscaban " A pedra" pra vender, senón un grande animal perigoso e moi pouco frecuente que teño "reconstruido" como un Lince boreal.

    As fazañas do animal,tamaño e a pel riscada, So se corresponden con algunha variedade do Linx linx.

    Inda hai moito que falar do tema. En asturias Occidental hai datos de avistamentos cara o ano 2000 de grandes animais semellantes. O asunto saiu incluso na 2 da TVE.

    Grazas Reigada polo aviso.
    Saudos a Todos
    O Miguel Losada.

    ResponderEliminar
  5. Grazas, grazas e mil veces grazas polo teu comentario, e grazas tamén a Reigada dende logo.

    Coincido completamente na túa opinión, e ademáis opino que Ourense foi terra de duas especies de Lince, o boreal e o Ibérico.

    Grazas de novo.

    ResponderEliminar
  6. Chandrexa non é "llanura" en español.

    Chan de Igrexa > Chan de Irexa > Chan d'Irexa > Chandrexa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "chã" em Português (logo em Galego, penso eu...)é um plaino ou terra plana, planura ou planície (embora este nome se aplique a extensões mais vastas de terreno), como temos em Vila Chã ou Terra Chã.
      jgomes

      Eliminar
  7. Ben, moitas grazas polo comentario, xa o corrixo agora mesmo!

    Sería entón "Suelo de Iglesia?

    ResponderEliminar
  8. Chan de Igrexa, ou Chan da Igrexa.
    Na terra dos Seurros hai un monte pequeno que se chama Monte da Cha. Arriba é moi chan. Nos anos trinta do seculo XX houvo un proxecto pra facer un aerodromo ali. Sería, Monte de la llanura? ou simplemente Monte-llano?
    Respecto ao tema, por certo moi interesante o artigo, eu quedome con Chan da Igrexa da Queixa.
    "Llano de la Iglesia del Lince"?
    Saúdos e bo ano novo.

    ResponderEliminar
  9. Xa me diredes que vos parece esto.

    http://tsobudelaciana.blogspot.com/2009/03/lince-en-asturias-una-leyenda-urbana.html

    Saudos
    O MIguel Losada

    ResponderEliminar
  10. Alberto,

    Feliz Natal e ótimo ano novo.Obrigada por fazer parte da "arte de modificar"

    ResponderEliminar
  11. Outra reflexión.
    Mirai a descripción que Victor López Seoane,zoólogo e académico, no 1861 no seu libro Fauna mastológica de Galicia. pg118 y ss.

    O tamaño, nomes bioloxía e etoloxía do lince que describe, pensades que lle acae millor ó lince iberico ou a outro animal?

    Saudos
    O Miguel Losada

    ResponderEliminar
  12. Esquecín que dicir que o libro está en Google Books

    O Miguel L.

    ResponderEliminar
  13. Bueno, parece que a nova acadou unha repercusión nunca antes vista neste blog, alédome enormemente!

    O debate é bon, e a información unha ferramenta poderosa, e seguiremos pescudando tralo "queixa" e outros misterios de Ourense.

    Bon Natal/Nadal/Navidad a tod@s.

    ResponderEliminar
  14. I wish you a Christmas filled with much peace and happiness

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  16. Ola Alberto e demais,

    Sobre o termo Chan, polo que eu sei é moi frecuente na serra do Suído (e supoño que probablemente en outras serras do sur de Galicia), referido a pequenas zonas mais ou menos chás no alto das serras. Sen ser moi entendido, eu o asimilo ás "campas" de Ancares, Courel, etc. No Suído temos Chan das Abrótegas, Chan da Anduriña, Chan de Valdohome,...

    Así, Chandrexa podería ser Chan da Igrexa como se comentou, pero non referido ao chan dunha igrexa, senón a unha Chan na que había unha igrexa... ou directamente unha forma local de Chan.

    Apertas e novamente noraboa polo blog

    ResponderEliminar
  17. Ola Sergio, seguramente o termo chandrexa fala dunha meseta con ou sen iglesia na Serra de Queixa.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  18. Co teu permiso, Alberto, enlacei esta entrada do Queixa en lugar preferente no blogue Verín Natural por consideralo, como xa sabes, de enorme interese zoolóxico, cultural... mesmo histórico
    Fai moito tempo que levo ouvindo rumores, murmurios, a cerca do Lince. Cada día está máis perto a materialización dunha posibilidade, fantástica, mitolóxica, aínda que só estiver no maxín colectivo dun pobo
    Tantos momentos pola Serra de Queixa! Fascinante!
    Obrigado de novo

    ResponderEliminar
  19. A nossa mitologia é fantástica, a minha avó sempre me contava as historias das Bichas Moiras, umas belíssimas criaturas metade mulheres e metade cobra. Quando era pequeno sonhava encontrar uma. O Lince ibérico apesar de nunca ter visto um, sei que existem ainda nos confins da nossa Serra da Estrela ou pelo menos existiam há poucos anos atrás. De qualquer modo parece-me ser um pouco como os ursos que a cada ano somem mais…
    Um abraço e espero que o Natal esteja a ser óptimo.

    ResponderEliminar
  20. Sobre o Queixa ou Tigre ( lince-boreal?) e a sua presença no Gerês ( Xurés na Galiza) aqui vão mais informações ( baseadas em muito prováveis vernáculos ( Tigre) referentes ao lince-boreal(?)) :

    «Há tempos encontrei um documento muito interessantes, de 1730, que termina da seguinte maneira: "...a pelle deste bicho levou-a o caçador ao Dom Abade do Convento de Bouro aonde todos os Religiosos averiguarem ser de Tigre. Outro documento de 1758 dizia a certa altura: "...tambem se tem mortos alguns tygres e outros bichos desconhecidos... No Gerês,fala-se incluso de uma rapariga degolada por um tigre...»


    E quem diz Gerês, também pode dizer Xurés, o animal devia andar entre ambos os lados.
    Parece-me que animal com tamanha força não deve ser um lince-ibérico ( ainda que o relato seja inconclusivo), além de que o lince-ibérico não existe em zonas de bosque atlântico, pois não têm coelho-bravo em abundância, sendo este o seu alimento primário.
    Sem coelho-bravo, dificilmente sobrevive; já o lince-boreal gosta do bosque temperado e dos seus ungulados.
    Na Galiza e no Gerês, não sei se as duas espécies de lince viviam, é possível que o ibérico existisse nas zonas mais baixas ou a Leste, mas o lince-boreal tem todas as possibilidades, a meu ver, de ser claramente o lince mais predominante nesta singular região.

    Me parece que pelo Noroeste ibérico, chamavam de Tigre ou Queixa, sobretudo ao lince-boreal.
    Contudo seria «mui» interessante juntar peles de lince ( possivelmente guardadas em algum lugar) com restos ósseos , estudos de ADN e claro porque não também, referências populares a toponímia e vernáculos...

    ResponderEliminar
  21. Grazas a todos unha vez máis.

    Hoxe xa non creo que me de tempo pero mañá faremos unha nova entrada sobre o mesmo, facendo unha petición de información sobre este tema, que sin duda está resultando apaixonante.

    Coincido en que a estas alturas é moi dificil desvelar a identidade específica dos linces no NO, ibérico, sen embargo non é imposible.

    Entre todos podemos traballar neste senso e ben seguro que ten que haber peles e cráneos disecados en algún lugar de Galiza.

    Vouvos dar outra pista, fai uns anos vivimos unha serpe de verao chamada "Chupacabras", os ataques a gando adxudicados a este críptido no NO Ibérico tiñan unha característica en común: a presenza da marca de dous colmillos no pescozo dos animais depredados.

    Esta carcterística aparece comentada en obras de autores clásicos que falan do tigra (Lince) como unha alimaña que se alimenta do sangue dos animáis, e que era máis temida que o propio lobo.

    Sobre o ataque no Xuré a nena tiña 7 anos, pero qixera saber a data exacta.

    Un saúdo a todos.

    Agradecería a difusión desta entrada para que entre todos chegaramos a conclusións moito máis axiña.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  22. Sobre o comentario de lightalive:
    Cales son eses dous documentos citados? Título do documento, autoría, arquivo, dispoñibilidade dixital...

    Saudos
    O Miguel Losada

    ResponderEliminar
  23. Olá Alberto, estou lendo varias entradas túas que tiña pendentes e marcadas dende fai un tempo. Eu coido que en Ourense nunca houbo lince ibérico, só lince boreal. Non teño moi claro ata onde chegaba a área de distribución de ambas especies, pero coindo que o lince ibérico non chegaba tan ao norte. Aconsello que revises os traballos de Madoz. Para apoiarte e ver como buscar esta información, podes ver o excelente traballo feito polo amigo Victor Gutieerez no libro "El lobo ibérico en Andalucía". Un traballo excelente! O ideal sería buscar os cupos e os pagos das "alimañas" cazadas na nosa terra, ainda que non teño moi clara sobre a fecha aproximada da desaparición do lince. En todo caso, acabar de poñer a primeira pedra para a cimentación dun traballo que espero te animes a realizar. O que necesites, pídemo.
    Unha aperta
    Rubén

    ResponderEliminar
  24. Coincido, básicamente na información que aportas, creo que o lince boreal ou europeo debeu ser o que se distribuía maioritariamente por Galiza, sen embargo sí creo que o lince ibérico chegou ao Norte, e proba delo son os dous ex. que se conservan disecados no Bierzo, e cazados alí.

    Hai un dato que tiña gardado pero que vou a soltar agora, a dun lince cazada en 1924 no Monte Medeiros, moi perto da capital Ourensá, en Santa Cruz de Arrabaldo, e que coíncide á perfección co habitat extricto do lince ibérico.

    Sen embargo, a estas alturas da película, podemos só conxeturar, por que é sabido que existen subespecies do lince boreal no sul de Europa (Cerdeña, Italia, Grecia ou turquía) que ocupan ecotonos tan mediterráneos como o noso endemismo, e que a converxencia ebolutiva levou a estas razas a parecerse máis a un lince ibérico que a un boreal.

    De feito, na obra de Felix Rodriguez de la Fuente, sinalan unha distribución circummediterránea para o lince ibérico, e non unha distribución exclusivamente ibérica.

    Por outro lado, non creo que sexa eu a persoa máis apropiada para escribir nada sobre o lince a nivel "científico", pero como ti apuntas, estou dispostísimo a compartir a información co valente que se atreva a abordar o espiñoso tema dos linces do Norte da Península sen tabús.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  25. Perdón polas falas de ortografía, acabo de reler o comentario e mete medo...

    ResponderEliminar
  26. marc.gonpor@gmail.com19 de marzo de 2012, 13:54

    Alberto,
    moi bo blog, espero que algún día o meu blog (en proxecto) sexa a metade de interesante do teu. Un saudo dun ourensán, estudoso da fauna invertebrada mariña, dende as illas afortunadas...

    Marcos

    ResponderEliminar
  27. Unha mágoa non ter noticia anterior deste blogue. Pouco teño que dicir, tan só enviarche os meus parabéns e que, de eiquí en diante, seguirei encantado.

    Xabier Moure

    ResponderEliminar
  28. Na Capelada era o "loberno"

    http://costaartabra.blogspot.com.es/2009/11/do-loberno-e-as-suas-paisaxes.html

    Creo que che gustará o blog de Rafael e teredes cousas que compartir, que vexo que ides polo mesmo pau :D

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  29. Eu son da serra do mazizo central ,e o queixa sempre estivo con nos,coscientemente o non ! e complicado velo pero non sentilo.... sabes que esta ahi.....

    poño unha foto no facebook : Pedro G. Losada

    ResponderEliminar
  30. Agardo que o queixa sega entre nós ben vivo, que ninguén o esuqeza xamáis, e que un día volte para non marchar xamáis.

    ResponderEliminar
  31. Moi boas, unha pregunta, hai material gráfico que avale isto? Recollida de excrementos, pegadas, pelo, etc?

    ResponderEliminar