"O tempo saca á luz todo o que está oculto e e encobre e agacha o que agora reloce co máis grande esplendor"- Horacio (65 a.C.- 8 a.C.)- Poeta lírico romano.
Na anterior entrada desvelamos ao queixa como un ser habitante do macizo central ourensán, que finalmente resultou ser o lince, aínda sen determinar se boreal ou ibérico, e que fixo correr ríos de tinta.
Habitualmente coñecimos ao lince en ourense cos nomes de lobo cerval (moi extendido por toda a Península), gato rabón, gato clavo, ou lubicán.
Moi ben, hoxe vouvos propor un novo reto, a voz do queixa é o requeixo, e esta voz deixou a súa impronta en numerosos topónimos extendidos por toda a superficie de Ourense, e moi especialmente no macizo central, en terras onde o requeixón non era un produto típico da dieta desas comunidades.
Curiosamente atopamos este topónimo perto de diferentes foxos utilizados durante séculos para a eliminación dos depredadores competidores do home.
Requeixo aparece nos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Veiga, pero tamén noutras áreas e bisbarras como en Lobios, Maside, A Bola, Allariz, Ourense, Pontedeva, Padrenda, Xunqueira de Ambía...
Outro dato curioso sae ao paso no concello de Nogueira de Ramuín onde o topónimo Requeixo aparece asociado ao topónimo Faramontaos, que Taboada Chivite asocia á presenza de foxos na súa obra Montería y Corrida de Lobos en Galicia.
Tamén en Chandrexa de Queixa aparece o topónimo Queixeliña, non lonxe doutro ven curioso Rabal...moi sexerente á súa vez, xa que noutros puntos denominouse ao lince co nome de gato rabaz ou rapaz.
Tamén a cabalo entre os concellos de Vilar de Barrio e Laza, existe o pobo e o Monte da Requeixada, no nacemento do Támega, non lonxe doutro pobo chamado Requeixo, e por si todo isto fora pouco, perto dun lugar chamado As Coelleiras!.
Xa me diredes vós se estou no certo, ou unha vez máis me trabuquei...
Un saúdo.
P.D. : gustaríame e moito que me contarásedes os nomes populares que este belo felino recivía nas vosas zonas de orixe, especialmente no Norte de Portugal.

Olá amigo Alberto
ResponderEliminarDesconheço que nome é dado ao Lince Ibérico no norte de Portugal mas a sul o Lince Ibérico também foi apelidade com o nome de "Tigre do Algarve".
Sinto pena que este magnífico animal se tenha tornado tão raro na península Ibérica,de facto é um dos nossos maiores tesouros naturais.
Desejo-te um feliz ano novo e obrigado pelo blog magnífico._BB
Olá BB, creo que deberiamos, e eu me inclúo nese grupo, falar máis ca xente dos pobos, cazadores ou trampeiros tamén, para pescudar certos temas, xa que hai zonas das nosas terras que nunca foron pisadas por naturalistas.
ResponderEliminarUn saudo e grazas polo comentário.
Un feliz ano novo para tí tamén.
O topónimo de Requeixo está extendido por grande parte do territorio, é exemplo o Balneario de Requeixo en Vilaza, no mesmo val de Monterrei; tamén o pobo zamorano de Requejo (seguramente castelanizado, ao ser unha zona de influenza do Galego)...
ResponderEliminarNo val de Monterrei tamén existe un pobo chamado Rabal, pertencente ao concello de Oímbra e ubicado na mesma liña da fronteira portuguesa con Vilarelho-da-Raia (Chaves)...
Supoñamos entón que poidan facer referenza ao Lince!
Fascinante!
Xa en terras zamoranas, pero moi perto do límite con Galiza, existe A Requeixada, non moi lonxe de Lubián...
ResponderEliminarPor certo, esqueciáseme, grazas por lembrarmo, A Requeixada, subindo para A Alberguería dende Soutelo Verde, concello de Laza, estribación do Macizo Central Ourensán en dirección á Serra do Larouco
ResponderEliminarSaúdos
A palabra Requeixo e variantes pode que teñan outra raíz, véxanse as páxinas 149 e 150 do libro "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Bascuas, Edelmiro. 2002":
ResponderEliminarhttp://books.google.es/books?id=by89gPXtl04C&pg=PA149&lpg=PA149&dq=ra%C3%ADz+da+palbra+requeixo&source=bl&ots=PbWpsU4uYg&sig=DfijDjWnR8hYW0odW5hgMx4ntOs&hl=es&ei=euoYTeDpO8_B8QOS0ciEBw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CBkQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false
No entanto semella factible que o son emitido polo Queixa fose o requeixo, quen sabe!
Saúdos