COLEGAS

jueves, 16 de diciembre de 2010

A pequena gran píntega. Un conto para o Nadal.

"Só a natureza fai grandes obras sen agardar recompensa algunha"-Alexandr I. Herzen (1812-1870)-Filósofo Ruso.

Érase unha vez unha píntega que nun mes de outubro comezou a engordar, engordou e engordou ata que case non se podía mover. Un bom día preguntoulle a unha vella amiga:
-¿Que me ocorre? Tampouco é que coma tanto!
-Hai miña reina eu coido que estás preñada.
Certo! as píntegas non poñen ovos, se non que empreñan e dan a luz crías vivas.


Dous meses despois a nosa amiga sentiu que chegaba o feliz momento, así que camiñou e camiñou. Cruzou montes, e perigosas estradas, onde viu moitas compañeiras que non conqueriron chegar ao seu destino...Todo para chegar á fonte de cheiro peculiar, onde hai xa moitos anos ela viviu.

Rubiu pola silveira e con gran esforzo puido chegar á auga, e alí obrouse un milagro, sen burra nen boi, tampouco había reises, nin estrela.

Do sei interior sairon vinte pequenos, con penachos na cabeza! para respirar baixo a auga, uns penachos que alguén bautizou co nome de branquias.

Alí non había cura para bautizar, pero sí moita auga, mais non bendita.




Pasaron as horas, pasaron os días, e tras deles chegaron as semanas, e a esta nova vida chegoulle o momento de cambiar.

Caéronlle as branquias e a pel tiña manchas mancha amarelas! estaría enferma?
Non simplemente chegou o fin dun período, o fin da metamorfose, a nosa píntega xa ten pulmóns e agora tócalle respirar o noso aire.

Así pouco a pouco a nosa pínteguiña rube polas paredes da fonte, métese na silveira e baixa ao camiño, chove con forza, pero a chuvia gústalle.

De súpeto chega a unha estrada, hai un mntón de luces, con rodas que fan moito ruido, nun momento as luces quedan fixas...síntese un golpe seco, e catro luces se achegan...

Unha das luces pousa algo ao carón da píntega...de seguido un lóstrego...despois a escuridade.

Quenes serían esas luces?.



Bon Nadal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario