COLEGAS

lunes, 28 de junio de 2010

Sapo de esporóns en Verín.





























O sapo de esporóns (Pelobates cultripes) é un anfibio de distribución restrinxida e localizada en Galicia, na provincia de Ourense, podemos atopalo en puntos concretos das bisbarras da Limia, Monterrei e Valdeorras.

Nestas imaxes nocturnas podedes apreciar varios exemplares desta especie atopados durante un transecto nocturno polo concello de Verín, o pasado día 26 de xuño de 2010, na compaña de Anxos Romeo, Martiño Cabana e Xosé Ramón Reigada.


Os exemplares atopados estaban recén metamorfoseados, cando os anfibios xa remataron o metamorfose pero aínda persentan características larvarios, como algúns destes exemplares que teñen restos da cauda, dise que son metamórficos, co paso dos días, estes restos da cola desaparecerán.

Cobra de auga viperina na Gudiña.


Un dos comportamentos máis carazterísticos das cobras de auga é facerse as mortas cando presinten que un perigo as rodea, así en ocasións cando manipulamos unha cobra de auga esta pon en acción o seu displai disuasorio que consiste nunha actuación digna dun "oscar", simulando estar morta, no momento que deixamos de manipulala "resucita" e fuxe a fume de carozo.


Este é o momento estelar dun exemplar de cobra de auga viperina (Natrix maura) atopada en terreos do concello de A Gudiña, na compaña de Martiño Cabana, Anxos Romeo e Xosé Ramón Reigada.

Ladras en Verín.







Ladra é o nome co que nalgúns puntos do Val do Támega coñecen á especie que os científicos deron en denominar Tarentola mauritanica (Salemanquesa común en castelán).






O pasado día 26 de xuño de 2010, na compaña de Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e Anxos Romeo, puidemos comprovar a presenza desta especie no concello de Verín, as poboacións desta especie asentadas na bisbarra de Monterrei poden ser as únicas autóctonas de Galicia, aínda que a especie aparece tamén noutros puntos da provincia como a Baixa Limia, Ourense ou Valdeorras.

jueves, 17 de junio de 2010

O oso pardo en Ourense, aniversario da perda.




Tal día como hoxe o xornal "El Pueblo Gallego", hai 64 anos,publicaba como o día 16 de xuño de 1946 matouse o último oso pardo en Galicia, pero para sorpresa de propios e extraños ese feito non se produxo nas serras lucenses do Caurel ou dos Ancares, sí señores lectores sí, o último oso que se matou en Galicia morreu en terras Ourensás.

O 16 de xuño de 1946 no pobo de Couceiros, pertencente ao concello fronteirizo de Padrenda, un veciño do lugar chamado Camilo Lloves, ca única axuda dunha forquita e dun rapaz de 14 anos chamado Rogelio acabou ca vida dun "gran oso pardo" que foi finalmente rematado por un garda do posto fronteirizo de Pontebarxas, este foi o último rexistro da especie na nosa provincia, onde pouco antes se matara outro exemplar perto da vila de Xinzo de Limia, no pobo de Folgoso, nun lugar denominado "A Pala da osa", como podedes ver a toponimia ourensá non deixa lugar a dúbidas sobre a presencia da especie na provincia.

O oso pardo habitou a provincia de ourense de forma estable ata ben entrado o século XIX, así daquela mantiñamos poboacións máis ou menos maltreitas nas inmediacións do Mosteiro de Oseira (San Cristobo de Cea), no macizo Central, e nas serras máis orientais limítrofes cas provincias de León e Zamora, con posterioridade, e debido a persecución directa por parte do home, a especie rematou por extinguirse, ata que no ano 2006, un exemplar errático, quizáis nostálxico de tempos mellores, chegou a atacar unhas colmeas no parque natural da Enciña Lastra (Rubiá).




Triste, moi triste aniversario, que obriga a este que vos escribe, ante a ausencia da especie en liberdade en Ourense, a tirar de arquivo e ilustrar este post cunhas fotos de osos pardos en catividade, agardo sinceramente que os osos volten, algún día, aos montes ourensáns.

martes, 15 de junio de 2010

Cobra lagarteira meridional no Monte do Cuco
















O Monte do Cuco de un monte cuberto de mato mediterráneo situado no concello de Ourense, perto xa do límite con Pareiro de Aguiar, alí, o pasado día 12 de xuño foi localizado este belo exemplar de cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), cunha librea pouco contrastada, de tons claros, diferente aos tons observados nesta especie noutros puntos da provincia, así mesmo as tons ventrais eran alaranxadas.

Sapos comúns en Verín.
















O pasado día 9 de xuño de 2010, pero do pobo verinés de Vilaza, na compaña de Rafa Vázquez e Xosé Ramon Reigada, atopamos estes sapos cunqueiros (Bufo bufo).

Nas imaxes podedes apreciar as verrugas puntiagudas que posúen os exemplares ourensáns desta especie, características da subespecie que ocupa a provincia denominada "spinosus".

sábado, 12 de junio de 2010

Cobregóns namorados en Ourense.

































O pasado día 9 de xuño de 2010 recivín a visita do colega Rafa Vázquez, e miraide o que atopamos...ao maior dos nosos ofidios nunha situación máis que comprometida, como paparazis da natureza que somos non puidemos facer outra cousa que inmortalizar o momento de amor entre estes réptiles.
A escasos metros da capital da provincia esta parella de cobregóns (Malpolon monspesulanus) facían das suas, un espectáculo sempre digno de ver.

Nas imaxes podedes apreciar dous exemplares, un, máis moteado é a femia, o outro de tons máis uniformes e cunha zona escura antes do pescozo é o macho.

viernes, 11 de junio de 2010

Cobra de auga de colar en Verín


Un instante de curiosa beleza nos sorprendeu nunha charca de Verín o pasado día 6 de xuño de 2010, cando Anxos Romeu, Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e máis eu nos atopamos este precioso exemplar de cobra de auga de colar (Natrix natrix).

O escancer ibérico móstrase en Ourense.
















Non fai moito tempo que a través desta páxina vos informamos da aparición do escancer ibérico (Chalcides bedriagai), no concello de Ourense, dende aquela a especie de tendencia mediterránea foi atopada en diversos puntos do mesmo concello, sempre ao Norte do río Miño, unha sorte poder contar con este endemismo ibérico catalogado como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas.

As imaxes amosas un exemplar desta especie atopado en Valdorregueiro o pasado 1 de xuño de 2010.

Os espiñentos que vivían con fósiles viventes.


En ocasións a natuteza sorpréndenos con curiosas comunidades animais, este é o caso dunhas charcas do concello de Rairiz de Veiga onde podemos atopar ao espiñento (Gasterosteus gymnurus) convivindo con este curioso crustáceo que tamén aparece nas imaxes o Lepidurus apus, un ser que leva sobre a face do planeta dende o período Triásico (uns 300 millóns de anos nos contemplan dende esa criatura con forma de culler...) curiosa, moi curiosa convivencia dunha especie que aparece como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas e un tesouro faunístico que carece por completo de protección.


Estas imaxes optidas na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu o pasado día 23 de maio de 2010 poñen de manifesto o descoñecido da nosa fauna e a necesidade da súa conservación.

O arieiro unha especie nidificante en Sandiás.
















O pasado día 29 de maio de 2010 foi descuverta unha parella de arieiros (Charadrius dubius) nas areeiras da Limia en Sandiás, debido ás fortes precipitacións deste ano, o nivel de augas das charcas é moi alto, estando asolagadas as áreas máis idóneas para a nidificación desta especie, o que obligou a esta parella a utilizar os montóns de descartes de area de escasa calidade orixinados polas empresas que explotan a zona.

jueves, 10 de junio de 2010

Ra de San Antón en Cualedro.









A ra de San Antón é un dos máis belos anfibios que podedes atopar na provincia de Ourense, distribuída irregularmente en poboacións máis ou menos abondosas, podedes atopar interesantes mostras destas poboacións nas bisbarras de Monterrei e A Limia.



Nestas imaxes podedes apreciar un exemplar atopado no concello de Cualedro o pasado día 6 de xuño de 2010, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.