O pasado día 9 de xuño de 2010 recivín a visita do colega Rafa Vázquez, e miraide o que atopamos...ao maior dos nosos ofidios nunha situación máis que comprometida, como paparazis da natureza que somos non puidemos facer outra cousa que inmortalizar o momento de amor entre estes réptiles.
A escasos metros da capital da provincia esta parella de cobregóns (Malpolon monspesulanus) facían das suas, un espectáculo sempre digno de ver.
Nas imaxes podedes apreciar dous exemplares, un, máis moteado é a femia, o outro de tons máis uniformes e cunha zona escura antes do pescozo é o macho.
Agora dedicaste o salsa rosa?.. ;P
ResponderEliminarNon sei,eu apostaria que o macho e o pequeno, e a femia a grande, senon pobre muller..
Bonitas fotos. ASHEGA, o exemplar grande (cor verdosa) é o macho. A femia é o exemplar máis pequeno e moteado.
ResponderEliminarQUE MARAVILLA DE BICHIÑOS,TEÑO MOITAS GAÑAS DE VER UNHA FEMIA!
ResponderEliminarSAUDOS DE VERO...:)