COLEGAS

jueves, 4 de agosto de 2011

Ras verdes no Barbantiño.
























Unha máis de anfibios para seguir a amosarvos a riqueza do Barbantiño, desta volta protagonizada pola ra verde ibérica (Pelophylax perezi). A ra verde ibérica é a especie de rá verde propia da Península Ibérica. A pesar de ser un anfibio abondoso localmente, nos derradeiros tempos a contaminacións e a introducción de certas especies alóctonas, teñen mermado as súas poboacións localmente de maneira considerable.



As imaxes que vos amoso corresponden a un rescate de rás que tivo lugar nunha piscina particular situada a carón do río Barbantiño. Como sabedes e algún de vós tivo a ben comentar, as piscinas particulares soen ser invadidas por especies de anfibios durante a época reproductora, debido ao habitual deseño deste tipo de construccións, moitos deles son incapaces de sair de novo da piscina, quedando de xeito indefinido nelas. Chegado o vran, faise necesario facer un rescate previo á axeitala piscina para o baño, para evitar así a morte innecesaria de anfibios. Os exemplares rescatados deben ser liberados nun lugar axeitado o máis perto posible do lugar orixinal do rescate, comprovando asemade que o lugar estexa libre de depredadores (cangrexos ou peixes) que moitas veces son liberados en fontes e pilóns.

2 comentarios:

  1. Ahi, ben agarradas polas.. ancas. Seguro que non probaches algunha receta desas tradicionais limias?..

    ResponderEliminar
  2. Je, je, seguro que máis dun pensou en facer unha empanada con estas coitadas, eu non gosto desa tradición culinaria limiá, saúdos!

    ResponderEliminar