COLEGAS

viernes, 19 de agosto de 2011

Un sapo a carón do Barbantiño.











Xa falamos nos derradeiros tempos da riqueza herpetolóxica dun punto moi concreto da Depresión Ourensá, como é a cunca do río Barbantiño, que pasa por ser unha das mellor conservadas da zona. Este feito, unido ás características propias da bisbarra, como a climatoloxía, fai da zona un lugar privilexiado para a prospección.


Non embargante, en ocasións, as sorpresas non veñen pola especie en cuestión atopada, senón pola beleza do exemplar hachado nesta ocasión. Así amósovos o que ao meu entender é un dos máis belos sapos cunqueiros (Bufo bufo) de entre os que me teño atopado.


Como vedes en ocasións os máis comúns animais poden ser tamén os máis peculiares...

3 comentarios:

  1. Abofé, Alberto.. Por aquí arriba desde logo que nunca vin esa tonalidade na sp, nin nada que se lle parecese (non o pintarías ti, cabronazo?)
    Unha aperta
    Xabi Prieto

    ResponderEliminar
  2. Pois nin o pintei, nin usei filtros nin nada, topeino de casualidade, nin tan sequera estaba bicheando...

    ResponderEliminar