COLEGAS

viernes, 5 de junio de 2015

A derradeira cabra lusitana, a derradeira imaxe dunha cabrado Xurés (Gêres) vista con vida??

-Cada vez que dicimos; "non sei", fechamo-la porta da nosa propia fonte da sabiduría, que é infinita- Louise L. Hay (1926-   ) Oradora e escritora estadounidense.

A cabra montesa do Xurés ou Gêres (Capra pyrenaica lusitanica), foi unha subespecie de cabra brava ou montesa, tamén coñecida co nome de mueyu, endémica do cadrante Norte e Noroeste da península Ibérica. Extinta pola persecución directa por parte do home e, segura,mente, polas epidemias, a data oficial de extinción ronda o final do século XIX. E digo oficial, por que existen datos posteriores de caza e avistamento de exemplares nas serras limítrofes entre Ourense e Zamora, que retrasarían ese feito aos comezos do século XX. Sexa como sexa este feito xa o abordamos en diversas ocasións a través das páxinas deste mesmo blogue, e podedes consultalas se picades na etiqueta Capra pyrenaica lusitanica.

Desta volta preséntovos unha imaxe que leva tempo circulando por internet e que, ao parecer, mostra un macho desta subespecie fotografado o día 20 de setembro de 1890 polo doutor portugués Ricardo Jorge e publicada dezaoito anos despois na revista "Ilustração Portugueza".

Segundo parece a imaxe presenta un macho desta especie, en estado lamentabel iso sí, e pode tratarse do derradeiro exemplar da subespecie lusitana visto polo home, xa que a data de extinción oficial ronta o 1893. Aínda que existen outras imaxes da subespecie lusitana de cabra montesía, esta é a única que se coñece na que se pode apreciar un exemplar con vida. 

Coa aparición desta imaxe desatouse un debate que atinxiu incluso ao sexo do animal, xa que había quen afirmaba que a imaxe mostraba unha femia e non un macho. Hai que dicir, asemade, que os machos desta raza eran os que apresentaban uns cornos máis pequenos de entre todas as subespecies de cabra montesa coñecidas. Hai que dicir ademáis que a variabilidade xenética que a poboación da cabra do Xurés presentaba nesa altura debía ser bastante escasa, e esta debía de verse refectida no aspecto físico dos animais. Non debemos esquecer ademáis que o exemplar que se nos mostra é salvaxe, e as condicións ás que debía estar sometido en catividade debían ser pouco idóneas, por dicir algo.

Con todo, velahí queda este documento, que real ou non servirá para abrir de novo o debate sobre as especies extintas na provincia de Ourense nos derradeiros séculos, e para reinvindicar de novo a renaturalización e conservación da natureza galaica en todo o seu explendor.


Tirade vós as vosas propias conclusións, e opinade, se o tendes a ben, sobre o que mostra realmente a imaxe, e se queredes, debatímolo, un saúdo.

1 comentario:

  1. Ola:
    Pola miña experiencia con cabras montesas , que non e pouca , afirmaria rotundamente que o da foto e unha femia de mais de 10 anos , que pariu un monton de veces polo que se ve polos cornos. A foto descoñeciaia , sen dubida un gran documento grafico . Noraboa polo blog.

    ResponderEliminar