"Se un non sabe a historia, non sabe nada: é como ser unha folla e non saber que forma parte dunha árbore"- Michael Crichton (1942-2008)- Cineasta e escritor estadounidense.
Un dos capítulos máis curiosos da historia da arqueoloxía Ourensá é o protagonizado por unha figura atopada nos anos 90 do pasado século no xacimento crastrexo do Castromao de Celanova.
Por aquel entón desenterrouse neste xacimento prerromano unha estátua zoomorfa que parece reprensentar un simio en posición fetal, que ao meu entender é moi similar á única especie de simio presente actualmente na Europa, a mona ou macaco de Xibraltar, tamén de Berbería (Macaca silvanus), moi posiblemente a única especie de simio cuia figura podía resultar familiar aos pobos do occidente europeo. Xa que esta especie foi obxeto de tráfico por pare dos romanos e os fenicios.
Na actualidade esta especie soio está presente na colonia británica do Peñón de Xibraltar, onde a súa presencia se adxudica a introduccións feitas en épocas históricas máis ou menos recentes, esta poboación depende en gran parte do home. A súa área de distribución natural comprende o Norte do continente africano, orixinalmente entre Marrocos ata Tunez e o Oeste da Libia, pero hoxe a súa distribución é moito máis reducida.
Antes das glaciacións esta especie distribuíase amplamente polo Sul do continente europeo, extinguíndose con posterioridade, a actual presenza do simio en Xibraltar vense asociando a unha introducción feita polas tropas inglesas no s. XVIII.
O hachádego desta escultura prerromana non significa unha presenza da especie, somentes un coñecimento da mesma por parte dos integrantes da cultura castrexa que ben pode obedecer a unha influenza cultural ou comercial de pobos do Sul da Península, os iberos por exemplo, cunha arte escultórica moito máis variada que os pobos habitantes do Noroeste ibérico.
Sexa como sexa velahí tendes a escultura do mono do Castromao, un misterio arqueolóxico de primeiro orde, e unha peza importantísima do patrimonio ourensán.
Para rematar direivos, que alá polo ano 1970 foi atopada no Castromao de Celanova, unha Tessera hospilatatis, datada no ano 132, unha especie de documento escrito en metal que narra un acordo no que se establece un pacto entre os coelernos, habitantes do Castromao, por un lado, que son citados expresamente, e, por outro lado, un prefecto da cohorte I dos celtíberos.
Tanto a tessera como a escultura fican no museu arqueolóxico provincial de Ourense.
E como dí a cantiga de Victor Manuel, ante este misterio misterioso, faremos como as monas de Xibraltar, que seica pechan os ollos pra non mirar....

Xa vedes que últimamente me deu por enlazar cancións nos post. Seica o enlazar a píntega con Madonna é un feito histórico...jejeje. Nenos as divas son as divas.
ResponderEliminarToliño de todo..
ResponderEliminarA ver se nos da tempo a argallar algo para o dia dos humidais por aqui.
Cesar
Jeje, toliño si pero a que te moluo a píntegha fashion?
ResponderEliminarPara os humidais, tendo en conta a temática deste ano, tendes as Gándaras a punto de caramelo para demostrar como non se teñen que facer as cousa, anímote a que o fagas, e se precisas apoios avisa, que teño unha célula ecoloxista en Vigo disposta a apoiarte.
UN saúdo.