COLEGAS

martes, 28 de septiembre de 2010

Rousinol bravo nas mans dunha nai.




Creo que é un feito común a tódolos "bicheiros" que tratamos de concienciar na protección do noso patrimonio natural a todo aquel que se atopa ao noso arredor. É esta a razón última deste post, contarvos un pequeno logro persoal que fai que me sinta orgulloso daqueles que me rodean.

É un feito coñecido que eu traballo en hostelaría, a miña nai, ben tódolos días a botarme unha man no bar, chega dando un paseo máis ou menos unha hora despois de que eu abra, para facelos pinchos.

O pasado día 24 de setembro de 2010, apareceu pola porta do bar cun pequeno paxariño que atopou polo camiño, nunha das rúas do casco urbán da cidade, estaba aturdido e desorientado, tamén algo frío, a pesar de que tampouco facía moito frío nese intre. O paxaro era un rousinol bravo (Cettia cetti) unha especie típica das ribeiras dos ríos.

Pasado certo tempo dándolle calor ao animal, este pareceu espabilar, polo que foi soltado perto do lugar onde o atopara a miña nai, voaba en perfectas condicións.

É por iso que este post llo adico a ela, por amosar a sensibilidade necesaria para tentar salvar a un indefenso ser vivo que s e atopaba en apuros, e que o máis fácil era que rematara atropelado ou pisoteado polo trafego da cidade.

4 comentarios:

  1. A floresta de cimento só está bem para o bicho humano.
    Se estivera mais próximo já aí iria provar os pinchos e calamares.Pode ser que algum dia calhe.Quando estava mais próximo ia de vez em quando ao San Miguel.
    Quem assim adora a natureza deve faze-los deliciosos.
    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. Teño que revisar as notas, pero na segunda quincena de setembro teño varias citas de Cettia cetti en lugares raros: 1 ex. capturado a man (esgotado) nunha céntrica praza da Coruña, só con árbores e algún seto; 2 ex. escoitados a curta distancia nos xardíns de Méndez Núñez, en plena cidade da Coruña, e cadanseu ex. en silveiras a carón de Salicornia (non o seu mellor hábitat...) no Grove e Cambados.

    Deben ser exemplares en dispersión (do interior peninsular?).

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  3. Interesantes apuntamentos Damián, vese que os datos algo nos dín, ven seguro que si estiveramos a falar dunha especie máis interesante houberan corrido ríos de tinta.

    ResponderEliminar