COLEGAS

jueves, 2 de septiembre de 2010

Rousinol en Vilar de Santos.




O rousinol (Luscinia megarhynchos) ten a fama de ser un dos paxaros que mellor canta, os seus belos trinos son audibles incluso de madrugada, feito insólito entre as aves galegas.

En Ourense temos a gran sorte de contar ca maioría das parellas que aniñan en Galicia, sendo fácilmente localizable nas zonas axeitadas.

Nas imaxes apacece un exemplar capturado para anelamento por Pablo A. Sanmartín Santiago, en terreos do concello limiao de Vilar de Santos, o pasado día 14 de agosto de 2010.

O rousinol é un ave exclusivamente estival, e está a piques de marchar para os seus cuarteis de invernada, situados na África subsahariana, non voltará ata a vindeira primavera, cando de novo os seus cantos farán máis belas si cabe as noites ourensás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario