COLEGAS

viernes, 3 de septiembre de 2010

Rás de San Antón na Limia.










Para darvos unha tregua despois de tanto paxaro, vouvos ofrecer estas imaxes de diferentes exemplares de rá de San Antón (Hyla arborea), obtidas nos concellos limiaos de A Porqueira e Rairiz de Veiga o pasado día 14 de agosto de 2010, durante un pequeno paseo na procura de odonatos en compaña de Emilio Martinez Sabarís, Cristina Casalderrey Cánovas e Pablo A. Sanmartín Santiago.

E de xustiza poética a publicación de imaxes de rás de San Antón na Limia, xa que esta bisbarra, xunto ca de Monterrei, acolle unha das maiores poboacións galegas da especie.

Para información dalgún dos lectores deste blog direi que algunha das instantáneas proveñen dunha charca con Lepidurus apus, seguro que alguén se da por aludido....

2 comentarios:

  1. Eu son ún dos que se dá por aludido co do "trilobites" (porque a verdade é que se parece un guevo o lepidurus este)

    ResponderEliminar
  2. Olá Xabi, a verdade é que moito ten dado de si esa charca, apenas uns metros cadrados cunha biodiversidade realmente incrible, estes días cos compañeiros Pablo e emilio, puidemos ademáis ver varias especies de odonatos, estre elas Aesnha affinis, toda unha rareza entomolóxica, e libellula depressa.

    ResponderEliminar