COLEGAS

jueves, 2 de septiembre de 2010

Papuxa do mato en Vilar de Santos.





A papuxa do mato (Sylvia undata), como o seu propio nome indica, é un típico habitante das matogueiras, Ourense aínda conserva boas densidades desta especie, que parece atoparse en regresión en gran parte da súa área de distribución.

Especie sedentaria, podémola atopar na maior parte das áreas de mato da provincia, tanto nas zonas de influencia atlántica, como a bisbarra da Limia, como nas zonas de maior influencia mediterránea, como os vales dos ríos Támega ou Miño.

Nas imaxes aparece un exemplar capturado para anelamento por Pablo A. Sanmartín Santiago, o día 14 de agosto de 2010 en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario