COLEGAS

lunes, 20 de septiembre de 2010

Cobra lagarteira común en Sarreaus.






O pasado día 18 de setembro de 2010, o colega Xosé Ramón Reigada e máis eu atopamos este exemplar de cobra lagarteira común (Coronella austriaca) perto do pobo de Portela, no concello limiao de Sarreaus.

A cobra lagarteira común, estreitamente emparentada ca cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) é un pequeno ofidio típico de zonas que conserven certo índice de humidade, así poderémola atopar en verdes pradeiras e lugares similares.

No contexto da provincia de ourense, trátase a tódolos efectos dun reptil escaso, de distribución irregular e restrinxida aos lugares que teñen os requerimentos ecolóxicos da especie.

As poboacións ourensás desta especie están incluidas dentro da subespecie (raza) endémica acutirrostris, propia do Noroeste ibérico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario