Outra das especies de hérpetos aínda frecuente na Depresión Ourensá é o sapo cunqueiro ou común (Bufo bufo).
Cunha ampla distribución no continente europeo, España conta con tres subespecies ou razas presentes no seu territorio, duas das cales están presentes na Galiza, a nominal B.b. bufo, e B. b. spinosus, sendo esta última a única presente na provincia de Ourense.
Na Depresión Ourensá o sapo cunqueiro distribúesa, ao igual que no resto da provincia, de maneira abondosa, aínda que con maior incidencia na cercanía das cuncas fluviais, xa que estas conserban mellor a vexetación forestal e o hábitat prioritario da especie.
Nos derradeiros anos tense observado unha merma considerable no tamaño medio dos exemplares, sendo cada vez menos frecuente atopar as femias de gran tamaño que outrora se atopaban nos barrios periféricos da cidade, e que aínda atopamos noutros puntos da provincia, como por exemplo o Val do Támega.
Este feito pódese deber a varias causas, como por exemplo a chegada de especies invasoras, como o visón americano ou o cangrexo vermello, á incidencia do tráfico rodado, xa que os exemplares de maior tamaño serían máis sensibles de sufrir atropelos, á merma da calidade do hábitat, perante ao atroz e desordenado urbanismo sufrido pola zona nas derradeiras décadas...
Ou simplemente ao deficiente análise deste que vos escribe, que quizáis non atopa sapos grandes onde sí os hai.
Outra das características propias da especie é a extraordinaria variabilidade cromática dos exemplares, podendo atopar numerosas variedades de diseño dentro da mesma poboación, sen que esto indique que pertenzan a diferentes poboacións, e para mostra as imaxes que acompañan este post, obtidas a semana pasada na herpetolóxica Depresión Ourensá.

No hay comentarios:
Publicar un comentario