COLEGAS

miércoles, 23 de marzo de 2011

Pornografía anfibia.











Din por ahí que o prometido é débeda, así que vou cumprir a promesa feita esta mañá e vouvos obsequiar con estas imaxes de sexualidade sapeira.

Nas imaxes podedes apreciar o amplexo dunha parella de sapos cunqueiros, sendo o macho o da parte superior, de menor tamaño que a femia, feito habitual na especie. O amplexo é a maneira fina e cientícica de nomear á unión reproductiva dos anfibios anuros. Segundo o punto polo que o macho se aferra á femia o amplexo pode ser inguinal, se o macho a suxeita polas patas de atrás, ou, como nesta caso axilar, cando o macho se suxeita polas axilas da femia.

A fecundación dos ovos dos sapos común é externa, a femia porá longos cordóns de ovos en lugares húmidos de escasa corrente que serán fecundados polo macho sen que exista penetración.

Co gallo de asegurar a súa paternidade, o macho pode ficar por riba da femia durante varias xornadas, até que esta deixe de por ovos, co fin de que nigún outro macho poida fecundalos. Todo un exemplo de perseverancia sin dúbida. Tal como amosan estas imaxes, fresquiñas, optidas a pasada noite na herpetolóxica Depresión Ourensá.

Agardo que estas imaxes non firan a vosa sensibilidade, e que a canción que enlazo neste parágrafo tampouco...

2 comentarios:

  1. Enton a estes tamen os confunde a noite?, notase que chegou a primaveira que estade toliños de todo..
    A ver como van as postas por ahi.

    ResponderEliminar
  2. Moi confudidos o que se dí moi confundidos...atarefados pode ser...

    ResponderEliminar