"A cousa máis incomprensible do mundo é que sexa comprensible"- Albert Einstein (1875-1955)- Físico e tocallo alemán.
Para calquera observador profano este animaliño que vos ensino non é máis que un rato, sen embargo, se reparades na fisionomía deste micromamífero, observaredes notables diferencias cos roedores, que nos amosan que en realidade nos atopamos perante un animal totalmente diferente: un furaño.
Os furaños son pequenos mamíferos insectívoros moi comúns no país, pertencentes á familia dos sorícidos, Galiza conta con 7 especies diferentes, 6 das cales están presentes na provincia de Ourense.
Os sorícidos galegos caracterízanse polo seu pequeno tamaño, fisionomía similar aos ratos, pero co fuciño apuntado e con pelos sensoriais denominados vibrisas. Teñen os ollos pequenos, en ocasións inapreciables baixo a pelaxe. Existen especies de hábitos acuáticos que posúen adaptacións a este medio.
Se botáramola vista atrás para observar aos primeiros mamíferos placentarios, aparecidos pouco despois da extinción dos dinosauros, provablemente nos atoparamos con animais moi similares aos furaños da actualidade. Esto dinos que se tratan de mamíferos pouco especializados e primitivos.
Na Galiza atopamos dous grandes grupos de furaños, os que posúen a cúspide dos dentes vermellas, e aqueles que teñen os dentes brancos.
A especie que aquí vos presento é o furaño común (Crocidura russula), pertencente á subfamilia Crocidurinae, que é a formada polos furaños de dentes brancos.
O furaño común é un sorícido amplamente distribuido pola provincia de Ourense, o exemplar da imaxe foi atopado morto en Cudeiro, localidade situada no Norte do concello de Ourense, o pasado día 8 de marzo de 2011.
Trátase dun voraz depredador, que debido ao seu alto metabolismo, debora todo tipo de pequenos invertebrados, como insectos, moluscos, ou miñocas, chegando a consumir diariamente o equivalente á metade do seu peso.

El encuentro de tu blog es una puerta al aire fresco de la naturaleza. ¡Enhorabuena!
ResponderEliminarJavier
Muchísimas gracias Javier!
ResponderEliminarUn saludo.
Ourense capital herpetolóxica da Galiza...Mentira cochina! capital herpetolóxica do mundo mundial, polo menos!!
ResponderEliminarParabéns, de novo (xa sabes por qué...)
Un abrazo.
a prudencia é a mai da ciencia, din por ahí. Paso a paso iremos desentrañando cousiñas do firmamento herpetolóxico que supón a depresión Ourensá, cunha chea de galaxias, constelacións e planetas aínda por decubrir. Amigos hai moita vida escondida esperando ser descuberta, fagámolo, con humildade e altruismo, e o firmamento brilará máis que nunca, sen contaminación...lumínica.
ResponderEliminar