COLEGAS

miércoles, 7 de octubre de 2009

Sapiño comadrón no encoro das Chas.




O encoro das Chas é un pequeno encoro do rio Buble, que fai de límite municipal entre os concellos de Monterrei e Oímbra, o día 4 de outubro de 2009, o encoro estaba seco, a pesar de todo foron localizados varios exemplares de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) na compaña de Martiño, Xosé Ramón, Anxos e Rafa.

Nas fotografías podedes ver dous exemplares desta especie, un adulto e un subadulto, atopados no encoro.

Segundo Xosé Ramón Reigada, referente obrigado cando se quere falar da natureza da bisbarra de Monterrei, este é un importantísimo punto para a reproducción da especie na comarca, albergando numerosos exemplares durante a época de celo.

O sapiño comadrón, anfibio anuro frecuente en toda a provincia, recive o seu nome pola costume que teñen os machos desta especie de portar os ovos pegados ás patas traseiras ata que se produce a eclosión, momento no que libera os cágados (larvas) en algún punto con auga e alimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario