COLEGAS

viernes, 23 de octubre de 2009

Pardao na Limia




Pardao é o nome co que as xentes da Limia coñecen á especie Pesser domesticus, quizáis o paxaro máis abundante da provincia, trátase dun paseriforme coñecido en tódalas vilas e cidades da provincia.

Na última imaxe podedes apreciar un macho desta especie atopado no pobo limiao de O Mosqueiro (Vilar de Santos) o día 12 de outubro de 2009, sorprendentemente faltaba esta especie referenciada no blog de fauna Ourense, hoco que se trata de encher con este post.

Nas outras imaxes aparece unha femia da mesma especie no pobo de Castelaos, pertencente ao mesmo concello e un xuvenil reclamando comida a un macho adulto no vran do ano pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario