Estas fotografías mostran unha colonia de anduriña das barreiras (Riparia riparia), localizada no Puzo de Lago (Maside) o día 18 de outubro de 2009, ao tratarse dunha especie nidificante estival, a estas alturas de ano, a colonia fica sen o típico movemento de aves destes puntos de nidificación.
O puzo do Lago é un pequeno humidal do concello de Maside, de orixe artificial, a súa creación remóntase á época da dominación romana de Gallaecia, xa que esta lagoa era entón un lavadeiro de ouro, co paso dos séculos foise naturalizando e na actualidade é un interesantisimo punto de biodiverdidade dentro da bisbarra de O Ribeiro. Nela teñen sido citadas especies tan interesantes como a manzaneta (Ixobrychus minutus), o rascón (Rallus aquaticus) ou a garza vermella (Ardea purpurea), sen embargo o entorno do Puzo do Lago ten sido obxeto de diversas agresións, entre elas a intalación dun campo de golf no ano 2001, que a día de hoxe aínda non posue licenza, e que xa ten sido ampliado en varias ocasións dende entón. Ademáis no entorno deste espazo tamén se celebra a coñecida Festa do Cabalo de Maside, en primeiro lugar nunha explanada que co paso dos anos se foi reparando ata que a día de hoxe é máis un hipódromo que outra cousa, hoxe mesmo se podía ler no xornal La Región a noticia de que a Xunta de Galicia aprobou provisionalmente a declaración do Puzo do Lago como un Espacio Natural de Interés Local (Enil), que debería por freno ao rosario de ultraxes que durante anos ven sufrindo este humidal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario