Parece que finalmente a identidade da rapaz que aparece nestas fotografías é un macho en 2º ano de calendario de tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), téñovos que confesar que eu non o houbera sacadado, a identificación debémoslla a Javier Elorriaga, e algún ornitólogo máis dos que traballan no Estreito de Xibraltar, que a través de un correo a Cosme Damián Romai comenta o seguinte:
"...lo he mirado un poco y lo he enseñado a compañeros del estrecho y todos vemos un aguilucho lagunero en 2º año de calendario.."
Aproveito para darlle as grazas dende aquí, así finalmente, podemos dicir que a cita é a dun circus aeruginosus no concello limiao de Vilar de Santos o día 20 de xullo de 2008, unha cita que como ben comenta Cosme Damián é moi interesante. Xa que parece reflexar a sedimentación, bastante temperá, dun exemplar desta especie durante o paso migratorio, nunha zona de monte baixo próxima ao pobo de Castelaos, hábitat pouco frecuentado pola especie na bisbarra de A Limia.

Pois o final saiu ra, pero con plumas.. Sorpresas que se leva un coas aves, para que logo digan doutros grupos..
ResponderEliminarEu fun o primeiro sorprendido, eu e algún máis, xa que o xénero circus non entrou nas quinielas de ningún.
ResponderEliminarSaudos.