COLEGAS

miércoles, 2 de febrero de 2011

O Gamo Branco: A Pantasma de Xares.


"O que vive retirado dentro da súa intelixencia e esprito, vive no paraíso"- Francis Beaumont- (1584-1616)- Dramaturgo e poeta inglés.

Non hai moito tempo que alguén me contou que alá por Xares, na serra do Eixo (A Veiga), camiñaba un animal misterioso, pálido coma unha pantasma de filme clásico. Ao pescudar detrás desta historia non topei misterio criptozoolóxico algún, mais sí unha curiosa nova.

O novo personaxe do olimpo criptozoolóxico ourensán non era outro que o gamo branco. O gamo branco non é unha especie diferente de gamo, senón que é unha variedade obtida en catividade mediante selección artificial. De feito, esta variedade cromática do gamo ou paleto (Dama dama) é moi frecuente nas coleccións zoolóxicas públicas e privadas do continente europeo, ocorre o mesmo, por exemplo, cos tigres de Bengala brancos, frecuentes tamén neste contexto.

Do que nunca tivera noticia era de que se producisen soltas no medio natural, e a miña pregunta é a seguinte, é o gamo branco de Xares un caso de albinismo fortuito no medio natural? ou ,pola contra ,foi este animal liberado deliberadamente no monte para goze dalgúns?. Pode un gamo branco acadar no mercado cinexético unha cotización maior que un gamo normal? será avaricia, este misterio resolto?.

7 comentarios:

  1. boas fotos, acompanhadas também de uma bela descrição, parabéns pelo blog
    abraço

    ResponderEliminar
  2. Obrigado pelos cimprimentos Fábio!

    Abraços!

    ResponderEliminar
  3. Boas,primeiro de nada darche a noraboa polo teu blog.
    No que se refire o tema desta entrada coido que o gamo padería ser un caso de albinismo fortuito non? claro, que como dis ti, se por casualidade se puxeron de moda tales trofeos, non sería raro que a man do home estivera polo medio.
    Tamén decirche que pola zona da Mariña luguesa apareceu fai uns anos 8 ou 9 se mal non recordo un corzo albino enganchado nun cierre dun campo, que lle causou unha ferida importante nunha perna,chanouse o centro de recuperación do Veral de Lugo,estes recollerono e tiverono no centro como 5 anos ata que por desgracia morreu.
    dende logo era un macho precioso condo vin con cornos.... se che interesan buscoche as fotos do día que se atopou e escaneochas.

    ResponderEliminar
  4. Boas meu, non fora en Galicia salvaxe donde sacaran a un gamo albino como tipico da fauna de Ancares?..

    ResponderEliminar
  5. Olá Antonio, recordo tamén un caso dun corzo albino fotografado nun eucaliptal da Coruña que apareceu na revista Quercus. No caso que nos ocupa, recentenente fun convidado e "ver os gamos brancos", aínda non puiden ir, pero irei e contareivos algo, ese plural utilizado polas persoas que mo dixeron é o que me fai crer que en realidade se trata dunha solta, aínda que como ven dis o gamo ten unha certa tendencia á perda de pigmentación, proba delo é a existencia desa variedade albina en catividade.

    César (Asshega), xa que o nomeas vou recomendar encarecidamente que a xente que queira saber da fauna galega, NON VISUALICE ese documental, por que "clama al cielo", pola súa falla de criterio e rigurosidade, ademáis a maior parte das imaxes non fron optidas na Galiza.

    ResponderEliminar
  6. Eso sera porque o dis ti, que eles xuran e perxuran que o limpafontes pigmeo e mailo "gallipato" grabaronos en Galicia. O que non dixeron e de donde viñan...

    Saudiños.

    Cesar

    ResponderEliminar
  7. Non sei por que lle chaman documental, cando queren dicir cine fantástico ou ciencia ficción. Nin a guerra das galaxias ou el señor de los anillos derrocharon tanta imaxinación. Xa que iban a fantasear pois que resucitaran un drangón.

    ResponderEliminar