COLEGAS

martes, 30 de noviembre de 2010

Posible presenza histórica do Lince europeo en Ourense.





"A experiencia máis fermosa que temos ao noso alcance é o misterio. É a emoción fundamental que está no berce do verdadeiro arte e da verdadeira ciencia. O que non a coñeza e non poida admirala, e xa non poida abraiarse e maravillarse, está coma morto e ten os ollos anubrados"-Albert Einstein (1879-1955)-Físico alemán-"O mundo tal como eu o vexo"

Dende hai anos, vense especulando sobre a posible presenza histórica do lince europeo ou boreal na Península ibérica. A distribución desta especie parece que abranguía as cordilleiras catábrica e pirenaica. Esta teoria sempre atopou defensores e retractores, que non parecían chegar a un acordo debido á ausencia de evidencias científicas palpables que rematasen por aclarar esta polémica.

Sen embargo, nos últimos anos, parece que o rexistro fósil inclina a balanza definitivamente ante a presencia recente do lince boreal na Península.

Nos últimos días veño pondo sobre a mesa, representada nos post deste blog, parte da información dispoñible sobre o lobo cerval en Ourense, este será o derradeiro capítulo desta saga.

En pasadas entradas falamos sobre o hábitat típico do lince ibérico en Ourense, sen embargo hai un área na distribución que non cadra dentro do rango de hábitat do mesmo.

Trátase do NO da provincia de Ourense, un área hiperhúmida, dentro da provincia "atlántica" dominada por Quercus robur, Betula sp, amplas áreas de pastizais, entre os 700 e 1000 metros de altitude, con forte precipitación anual, invernos moi duros, con frecuentes nevadas, e veráns suaves.

Como compañeiros de viaxe do lubicán (nome vernáculo para Lynx recollido en 15 enquisas na zona) atopamos á ra do monte (Rana temporaria) en altas densidades, dando mostra da alta precipitación e claro caracter atlántico do lugar, as densidades de coello sempre foron baixas según os habitantes do lugar.

Entre as características atopadas nesta poboación, extinta entre os anos 60 e 70 do século XX, atopamos a práctica ausencia de manchas no pelaxe dos animais, casos de ataques a gando ovino, caracterizados pola presenza de marcas de colmillos no pescozo das ovellas e años depredados.

Ante estas características atopámonos nunha encrucillada de posibilidades.

1º) A día de hoxe asociamos a presenza do lince co seu hábitat restrinxido ao monte e mato mediterráneo. Sen embargo é posible que esta especie, nun pasado recente, estivera asociada a outros tipos de hábitats máis variados que a maltreita poboación actual. Iste feito se dá, por exemplo, nas poboacións actuais doutras especies en perigo de extinción, como o oso pardo (Ursus arctos), hoxe en día relagado á cordilleira cantábrica e dependente de prantas como os arandos, pero no s. XVII habitante dos montes murcianos, carentes por completo de matas de arando.

2º) Na actualidade a escasa variación xenética da poboación de lince ibérico na península presenta tres variedades ou patróns de pelaxe, o que non quere dicir que a perda de variación xenética, debido á perda de efectivos, non se traduxera nunha pérdida da variedade de patróns das pelaxes das poboacións silvestres do mesmo. Do mesmo xeito descoñecemos se no ambito xeográfico pretérito da especie se produciron extincións de subespecies, ou mesmo adaptacións cromáticas ao medio habitado, xa que non existen na actualidade restos analizables para tal comprovación.

3º) Sen embargo, se aceptamos como real a presenza do lince europeo na Península ibérica, ata tempos recentes, existe a posibilidade de que certas poboacións galaicas pertencense a esta especie. Dentro deste rango entrarían as citas históricas do Norte da Provincia de Lugo, as da provincia da Coruña, e certos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra.

Ao respecto, recentemente, falouse do rexistro no territorio costeiro do veciño Portugal, dun exemplar de lince de manchas esvaidas que ben podería encanxar dentro do aquí exposto.

De todos xeitos esta será unha dúbida de dificil solución, que moi probablemente quedará relegada en breve ao campo da criptozooloxía. Só quero para remeatar esta saga de artigos sobre os linces en Ourense, que teñades ben presente que houbo un tempo, non moi lonxano, no que a vista dos galegos puido desfrutar dunha das más belas visións que a natureza ibérica foi quen de crear: o lince, ou o noso lobo cerval...

3 comentarios:

  1. Muito interessante as informações do seu blog, bem como o detalhe das imagens.

    ResponderEliminar
  2. Olá Berto!
    Pois si que me sorprende esa relación que mencionas co lince e a palabra lubicán. Nas entrevistas que teño feitas, algo máis de medio centenar, case todas sinalan que un lubicán era un cruce de lobo e can. Se metemos o lince de por medio, saber dios que ser mitolóxico podemos xenerar ;)
    Moi interesante a saga.
    Unha aperta meu!

    ResponderEliminar
  3. Ese non é un invento meu, a descripción do lubicán era claramente a dun felino de gram porte, ese vernáculo xa foi relacionado co lince por autores como Seoane, ou Taboada Chivite, sen embargo existen outros similares.

    Como luberno (quizais lobo do inferno?), ou lubián.

    O vernáculo luberno é proio da coruña, en www.aonoroestedonoroeste.blogspot.com, hai unha exelente entrada sobre o tema, con topónimo incluido.

    ResponderEliminar