COLEGAS

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Espiñentos nunha fonte do concello de Baltar.


Un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os nosos anfibios, por si tiveran poucos, é a introducción sistemática de peixes nos seus lugares de cría, como pilóns, fontes ou depósitos de auga.

Esta costume, moi extendida nos últimos tempos, pode significar a extinción de poboacións enteiras de anfibios, xa que estes peixes depredan sobre as postas e os adultos canto estes se dirixen a estes puntos aillados de auga durante a época reproductora.

A estes puntos de auga aillados os peixes nunca chegarían sin que a propia man do home os levara.

Na imaxe aparecen uns cantos espiñentos (Gasterosteus gymnurus) atopados nunha fonte do concello limiao de Baltar, fonte que estaba colapsada por esta especie e que carecía por completo de anfibios.

Curiosamente o espiñento é, en xeral, unha especie escasa, calificada como vulnerable no catálogo nacional de especies ameazadas; quizáis a solución pasaría por trasladar estes espiñentos a un lugar máis axeitado.

2 comentarios:

  1. Ollo meu, os espiñentos teñen demostrado unha capacidade para aparecer en lugares onde foron extinguidos increible. incluso en puntos de auga a priori aillados do resto, Ademáis son unha especie autóctona. O problema real é os cambios hidrolóxicos aos que sometemos os nosos ecosistemas, non busques nos espiñentos unha causa de ameaza para os anfibios, levan coexistindo xuntos mñais anos ca nos..eles saberán "entenderse" millor co que nos podemos entender as súas "relacións".
    Vémonos este finde. Chamote mañan, unha aperta rapaz!

    ResponderEliminar
  2. Qué interesante lo de estos peces. Tengo entendido que se trata de una especie bastante amenazada en nuestra península, con la mayor parte de las poblaciones ibéricas conocidas antaño ya extintas. Yo tampoco creo que se trate de un grave peligro para los anfibios. Aunque por otro lado, creo que ha habido problemas con poblaciones de anfibios afectadas por introducción de peces nativos en lagos de montaña (y por supuesto por peces exóticos).

    ¡Enhorabuena por las fotos y el blog!

    ResponderEliminar