COLEGAS

martes, 2 de noviembre de 2010

Sapo común en Calvos de Randín.





Este precioso exemplar de sapo común ou cunqueiro (Bufo bufo) foi atopado baixo pedra en terreos do concello de Calvos de Randín, pertencente á bisbarra ourensá da Baixa Limia, o pasado día 23 de outubro de 2010, na compaña de Anxos Romeu, Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e Rafa Vázquez.

É unha tranquilidade podermos amosar un exemplar vivo desta especie, xa que si de algo me decatei nas ultimas expedicións é que o sapo común é un dos anfibios que máis atropelos sofre por parte do tráfico rodado.

¿cal podería ser a solución máis efectiva para este feito?

3 comentarios:

  1. Olá
    Também por aqui atropelam muitos.Se soubessem quanto os sapos são úteis não o faziam.
    A solução,menos alcatrão e mais educação.
    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. "menos alcaatrao e máis educaçao"
    Que boa!! desta "frase" non me esquezo.
    Sen dúbida a millor solución, non só para os sapos, senón para moitos outros asuntos!
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Iso, e medidas correctoras, porque se pos unha rotonda no medio da ruta dos sapos hai pouco que facer..
    http://webs.uvigo.es/oma/sapos.htm
    O video esta moi ben a nivel educativo (e trilingue, coma a educacion galaica..).

    ResponderEliminar