COLEGAS

sábado, 13 de noviembre de 2010

O meu credo bicheiro.


Coa forza do noso pobo, hoxe proclamo o meu credo:
Quero ser un home novo, e iste é o meu retablo galego,

Sobre todas as cousas, creo na ciencia ,
na santa nai natureza.

Creo na biodiversidade, na evolución dos seres,
e tamén creo na igualdade, entre homes e mulleres.
Creo na conservación, de tódalas especies.

Creo na integración, e na comunión das razas.
Creo na diversidade sexual, en tódalas súas trazas.
Creo na investigación,e á información dou as grazas.

Non creo nas guerras, porque nunca son alleas.

Creo no perdón, de todos os nosos erros.
Creo na educación de grandes e pequenos.

Creo na memoria, que é a nai da historia.

Crede vós compañeiros, crede no meu credo,
por que crendo neste credo, nunca esqueceremos...

Este é o meu credo bicheiro,
este é o meu libre pensamento.

Amén.

3 comentarios:

  1. Lindo credo.
    Quando o amor à natureza nos guia.

    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. Ai que ter Fe na Natureza,o home xa está condenado!!!
    Saudos...

    ResponderEliminar
  3. Sempre o Ser Humano... Teño entendido que os períodos de maior aparición de novas especies foron aqueles posteriores ás extincións masivas, a vida diversificouse de maneira exponencial... Se cadra a nosa misión neste mundo poida ser conseguir que a vida se transforme, doutra maneira non se pode concibir tanto egoísmo
    Interesante reflexión Alberto !
    Saúdos

    ResponderEliminar