COLEGAS

domingo, 21 de noviembre de 2010

Sapiños comadróns en Ourense.






Na entrada anterior informeivos, sutilmente, da miña pequena saía herpetolóxica na compaña de Tania Fernandez da Cunha, unha colega que, en breve, agardo se converta nunha experta bicheira e se una á nosa causa.

De momento, para que vexades parte dos resultados obtidos durante esa saída do día 11 de novembro de 2010, deíxovos as imaxes de dous sapiños comadróns (Alytes obstetricans), que atopamos na ribeira do río Loña, un lugar moi quente, herpetolóxicamente falando, (seguro que agora hai moitos ourensáns a rir por este comentario...).

En próximas entradas falareivos da razón última desta saída e de próximos proxectos que van a comenzar en Ourense, de momento disfrutade coma mín da particular beleza deste curioso anfibio.


2 comentarios:

  1. Belos os sapos e belas as fotos.
    Ainda bem que não são dos atropelados na estrada.
    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén me aledo moito de atopalos vivos, por desgracia os atropelos son casi máis frecuentes que os bechos vivos.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar