COLEGAS

martes, 2 de noviembre de 2010

Cobra de auga viperina en Rairiz de Veiga.



Recentemente falabamos a través das páxinas deste blog sobre a variedade cromática da cobra lagarteira europea en Porqueira, pois ben hoxe falaremos doutra variedade cromática peculiar tamén noutra especie, a cobra de auga viperina (Natrix maura).

Por desgracia estouvos a falar dun exemplar atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Rairiz de Veiga o pasado día 23 de outubro de 2010, na compaña de Rafa Vázquez.

Dito exemplar posúe a peculiaridade de pertencer á variedade cromática "bilineata", esto quere dicir que o seu deseño caracterízase por posuir duas liñas vertebrais e paralelas que encerran o dibuxo en zig-zag, que habitualmente posúen os integrantes desta especie.

Este debuxo en zig-zag é un deseño moi carazterístico das víboras (vípera sp.) ás que, precisamente, tratan de asemellarse as cobras de auga desta especie; curiosamente, as víboras de seoane (Vipera seoanei), tamén teñen a variedade cromática bilineata.

1 comentario:

  1. Vas ter ke cambiarlle o nome do blog a Herpetoblog Ourensano,este blog esta ben chulo por variado e ben explicado,un 10 tio , caralludoooo :)

    ResponderEliminar