COLEGAS

martes, 26 de octubre de 2010

Cobra lagarteira europea nas Veigas de Ponteliñares



Como sabedes, aqueles que seguides este blog con certa asiduidade, hai unha especie que nos últimos tempos se trocou nunha especie fetiche para mín, con isto non me estou a definir como fetichista OLLO! que xa bastante definido estou, con isto quero dicir que teño un novo animal totémico, esta é a cobra lagarteira europea (Coronella austriaca).

A esta especie de ofidio lle debo xa moito nos últimos meses, algo máis que un nutrido número de entradas, senón que me ensinara, ca súa mera presencia o moito que me queda aínda por saber da fauna da miña bisbarra de nacimento: A LIMIA, e entonar polo tanto a máis que coñecida cita de "SOIO SEI, QUE NON SEI NADA".

Nestas imaxes aparece unha cobra lagarteira europea atopada nas Veigas de Ponteliñares, en concreto na parte deste espazo natural incluído dentro da ZEPA da Limia, pertencente ao concello de Porqueira. O exemplar en cuestión foi atopado baixo pedra o pasado día 17 de outubro de 2010 na compaña de Rubén Portas e Pablo A. Sanmartín Santiago.

O exemplar en cuestión conta ca peculiaridade de ser da variedade cromática alaranxada, pouco frecuente e rara de observar, alédome enormememte de poder compartila con vós.

3 comentarios:

  1. Lembro cando me ensinaches esa zona da Limia que me reultou bastante familiar o seu aspecto, tipo "campiña británica". Moi semellante á Terra chá lucense. Así que non me sorprende esa abondancia da austriaca.
    Por certo eu só recordo ter visto un exemplar laranxa. No concello de Narón (a carón de Ferrol) hai moitos anos.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Hai, creo recordar, un rexistro recente doutro exemplar laranxa na Coruña.

    ResponderEliminar
  3. impressive pictures and a very interesting article !
    I liked ! :)

    Bye**

    ResponderEliminar