COLEGAS

lunes, 4 de octubre de 2010

Saramaganta en Bande.






Se de xoias falabamos no anterior post, de xoias imos seguir falando neste, para mín, e isto é unha reflexión moi persoal, se existe unha xoia da fauna galega esa é a saramaganta (Chioglossa lusitanica), un anfibio urodelo endémico do cadrante noocidental ibérico.

A saramanganta é un anfibio escaso na provincia de Ourense, os seus requerimentos non casan moi ben cas características climáticas da provincia, aínda así a especie aparece en contados puntos da mesma, un deles a Baixa Limia.

A saramaganta é coñecida tamén co nome de píntega rabilonga, pola máis que considerable lonxitude da cauda, que é superior á lonxitude da cabeza e do corpo xuntos, así mesmo, en Padrenda é coñecida co nome de píntiga das follas, seica por que é habitual bela entre as follas do chan das árbores da ribeira dos regatos.

O exemplar que podedes apreciar nas imaxes foi atopado o pasado día 3 de outubro de 2010 en terreos do cooncello de Bande, na compaña de Rafa Vázquez Graña e Vituca.

3 comentarios:

  1. Boa cita, sí señor! É unha cuadrícula na que non existían citas previas da sp (que eu saiba), aínda que sí nalgunha limítrofe.
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Aínda estou moi emocinado por tela atopado, por fin, era unha especie que se me estaba resistindo en Ourense.

    ResponderEliminar
  3. É que ti tamén o queres todo, tío! que estás en Ourense.. ¿Non te chega con Pelobates, Hispanicus,Algirus, Scalaris, Malpolon, Tarentola, Blanus, Latasti,..?
    Deixa algo para os demáis acaparador!
    Un abrazo

    ResponderEliminar