COLEGAS

lunes, 11 de octubre de 2010

Xabaríns presos en Verea.






O pasado día 3 de outubro de 2010 atopamos na compaña de Vituca e Rafa Vázquez, en terreos do concello celanovés de Verea, unha piara de xabaríns (Sus scrofa) mantida en catividade nun cercado.

Dende as páxinas deste blog queremos subliñar o feito de que a cría ou mantemento de xabaríns en catividade é un feito penado pola lei e polo tanto ILEGAL.

Todos sabemos que o xabarín, xunto co lobo, é un dos nosos animais máis polémicos, o feito de crialos en catividade representa un risco de cara a conservación para a especie, por que se eses animais escaparan, terían os seus instintos mermados, e unha certa tendencia de achegarse ao home, na procura de alimento.

Estas imaxes serven de testemuña de que NON SON OS DA XUNTA OS QUE SOLTAN XABARÍNS nos montes galegos con escuras intencións, "os da Xunta" tampouco soltan lobos ou corzos, e moito menos lanzan cobras dende helicópteros, por si alguén a estas alturas o dubidase aínda.

1 comentario:

  1. Claro que os da Xunta non soltan nada!!. "Son os ecoloxistas", como ben saben moitos compañeiros de traballo (cazadores a maioría deles, por certo). Sei de boa tinta que "os ecoloxistas" soltan Lobos, Xabaríns, Voitres na Capelada, Víboras ("de Leon") e mesmo Cocodrilos no río Eume! ("datos" recollidos por min ao longo dos anos en Ferrolterra...)
    Buf, como está o persoal.

    ResponderEliminar