COLEGAS

viernes, 1 de octubre de 2010

Rá da Veiga nas Corcerizas.








A rá da veiga (Discoglossus galganoi), tamén coñecida como papiño pinto ou raxado, é un endemismo ibérico. En tempos abondoso, a alteración do seu hábitat, unido ao declive xeneralizado das poboacións de anbibios que o cambio climático parece estar provocando, fai desta especie, unha especie escasa na actualidade na provincia de Ourense.

Durante a reparación da balsa da que vos falei anteriormente, fixemos un rescate previo das especies de hérpetos (anfibios e réptiles) que habitan tanto na masa de auga como nas pedras circundantes que tiveron que ser movidas.

Na balsa de auga atopamos un gran número de rás da veiga (Discoglossus galganoi) que foron trasladadas á balsa que non tivo que ser reparada.

A rá da veiga posúe duas variedades cromáticas, que poden aparecer dentro da misma poboación en porcentaxes variables, neste caso a maioría eran da forma manchada, que posúe manchas máis ou menos circulares e máis escuras, sobre a cor xeral do exemplar que é parda, a outra variedade cromática, da que atopamos dous exemplares, posúe unha franxa lonxitudinal parda clara dende o fuciño ata a parte posterior do corpo.

Nas imaxes que acompañan este post, optidas os pasados días 17 e 18 de setembro de 2010, podedes apreciar parte dos exemplares atopados, así como as dúas variadades cromáticas que vos acabo de comentar.

6 comentarios:

  1. Boas,
    xa postos, se dou atopado as fotos farei unha entrada no meu coa variabilidade dos daqui.

    ResponderEliminar
  2. Boa idea!
    Así vemos si existe algún tipo de tendencia.

    ResponderEliminar
  3. Sensacional!
    Muito interessantes as informações que posta de seu blog.
    Adoro anfíbios, répteis e os animais de uma maneira geral.
    Abraços

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias Elisangela!
    Eu tamén sinto un cariño especial polos anfibios e réptiles.

    ResponderEliminar
  5. Alberto, xa te comentei en outra ocasión o medo que teño as culebras, non sei o porqué pero ponme respeito. Sigoche por que as fotos son muy boas e gustanme muito, graciñas por elas.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  6. Olá, gracias polos cumpridos, respecto ao teu medo aos réptiles seguro que ten solución, en canto os coñezas un pouco máis.

    ResponderEliminar