COLEGAS

lunes, 2 de agosto de 2010

Ouriolo en Riós.


O ouriolo (Oriolus oriolus) é unha ave paseriforme moi popular en Ourense. Froito dese coñecimento que os ourensáns teñen desta ave son os numerosos vernáculos que posúe na nosa provincia, como vichelocrego ou papafigos, nomes que descriven o canto e costumes do paxaro.

O exemplar que vedes na imaxe foi localizado perto do pobo de Castrelo de Abaixo, no concello de Riós, nunha xornada de "bicheo" cos compañeiros Xosé Ramón Reigada, Rafa Vázquez e Vero, o pasado día 25 de xullo de 2010.

O ouriolo segue a mostar importantes poboacións na nosa provincia, estando presente na maioría das bisbarras ourensás, feito que contrasta ca situación que a especie parece estar atravesando noutros puntos de Galicia, onde se veñen detectanto fortes regresións poboacionais e mesmo extincións locais.

3 comentarios:

  1. E que por ahí abaixo tedes moita chopeira, Alberto. Polo norte todo é toxo, eucalipto e piñeiros cativos de repoboación (se aínda fosen grandes coma os de Guadarrama, carallo....)

    PD: Un paxaro precioso, o Ouriolo, desde logo. A min tráeme lembranzas de aves propias da sabana africana.

    ResponderEliminar
  2. Olá

    Esta bela ave,além de ser meu concorrente no gosto pelos figos,obriga-me todos os anos a dias e dias de espera,ali nos sobreiros da quinta.Tenho tentado,desde há cinco anos,descobrir como fazem aquele belo ninho suspenso.Ainda nada.Mas não desisto.
    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  3. Verdadeiramente é unha ave tan fermosa de ver como de escoitar, é normal que non pase desapercivida.
    Un saudo.

    ResponderEliminar