COLEGAS

viernes, 30 de julio de 2010

Cobregón asasinado en Riós.





Ocorre moitas veces que a xente sinte un medo irracional polos réptiles, ese medo fai que algunhas especies sexan sistemáticamente obxeto de todo tipo de agresións, os ofidios, ou o que é o mesmo, as cobras, son quizáis as especies que máis sofren esta persecución.

Nas imaxes podedes apreciar un exemplar de cobregón (Malpolon monspessulanus), tamén coñecido como cobra rateira, debido ao tamaño que pode acadar é unha das especies que máis "terror" produce entre os habitantes de certas zonas.

O exemplar en cuestión foi atopado morto con claros signos de violencia, nunha estrada do concello de Riós, a esta serpe lle quitaron a vida dunha pedrada, algo que puidemos comprovar Rafa Vázquez, Vero e Xosé Ramón Reigada, ao examinar o esceario do crime o pasado día 25 de xullo de 2010.

É unha verdadeira pena que un dos nosos réptiles máis espectaculares remate así os seus días.

2 comentarios:

  1. Olá

    Pensava que só por aqui é que havia inconscientes.
    Fotografei uma linda a engolir um sapo.
    abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. En Sayago (Zamora) téñenlle especial olleriza ao cobregón, que alí chaman "bastardo". As historias que contaban poñen os pelos de punta.

    Solución: máis educación, notas de prensa, post nos blogs e falar coa xente.

    Ánimo e unha aperta,
    Damián

    ResponderEliminar