Non cansaremos de repetir e denunciar a través deste blog, da constante sangría que a nosa fauna está a sufrir nas estradas ourensás. Un bo exemplo son estas imaxes dun teixugo (Meles meles) víctima dun atropelo na estrada comarcal 531 ao seu paso polo concello limiao de Sandiás o pasado día 18 de xullo de 2010.
O teixugo é o maior mustélido galego, a pesar de estar presente en numerosos puntos da provincia, non acada ao parecer altas densidades, mamífero oportunista, cunha variada dieta omnívora, os seus costumes nocturnos, fan del unha especie pouco coñecida.
No pasado existiu en certos pobos da Limia o costume de manter teixugos en catividade, os exemplares obtíñanse do expolio de camadas nas toqueiras.
Esta especie ten asemade costumes cabadoras, o que se reflexa nas fortes gadoupas que posúe e que podedes ver con detalle nunha das imaxes.

Siempre resulta doloroso encontrar un animal sobre la calzada.
ResponderEliminarSaluds
Estades un pouco "necrófilos" ti e Martiño últimamente..(é unha broma).
ResponderEliminarMoi interesantes as fotos (e o censo) da Garza pequena.
Por certo, qué tipo de cámara usas? É para saber se eu podería sacar fotos así. Teño unha compacta Olympus spz de 10x ópticos
Unha aperta.
Tes un bo blog meu, a verdade e que ainda me queda que ler se me quero poñer o dia en todo o que escribiches. Veña un saudo e adiante coa tua bitacora.
ResponderEliminarhttp://ocortellodalaracha.blogaliza.org/