O pasado día 17 de xullo de 2010 foi censada a poboación nidificante de mergullón cristado (Podiceps cristatus) asentada nas Areeiras da Limia (Sandiás), con tal fin foron visitadas todalas barreiras con posibilidades de acoller parellas desta especie, obténdose como resultado a confirmación de 23 parellas, todo un record para este espazo natural incluído dentro da ZEPA A Limia.
Algunhas das parellas observadas aínda se atopaban chocando ovos, autras transportaban ás costas polos de curta idade (costume habitual nos mergullóns), namentras que outras cebaban polos xa medrados. Tamén foron observados certos conflictos territoriais entre as parellas asentadas nas lagoas que acadan maiores densidades, esta defensa do territorio é acusada nas parellas que están aínda en período de incuvación, defendendo un perímetro de seguridade ao arredor do niño.

Ola Alberto!
ResponderEliminarSegundo confirmou Emilio Martínez Sabarís, este ano tamén criou ao menos 1 parella no encoro da Fervenza (Mazaricos), e nos últimos 1-2 anos houbo tamén reprodución no encoro das Forcadas (Valdoviño) (3 parellas?), lagoa de Sobrado dos Monxes (1 parella), areeiras de Riocaldo-Pedroso (Begonte) (3 parellas) e non sei como anda o tema por San Martiño (A Rúa), Verín/Oímbra e en Vilagudín (fun alí esta primavera pero non vin sinais de reprodución).
Apertas,
Damián
É curiosa a expansión desta especie fronte á decandencia doutras especies de aves de lagoa coma o mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) ou a pita de río (Gallinula chloropus).
ResponderEliminarGraciñas pola puntualización que axuda a entender a situación desta especie fora dos límites da provincia.