O pasado día 3 de xullo de 2010, como xa vos daríades conta, foi un día do máis productivo en bicheo, algo que se disfruta enormemente condo o podes compartir cos colegas, neste caso Anxos Romeo, Martiño Cabana e Rafa Vázquez.
Outra das especies observadas foi o sapo cunqueiro (Bufo bufo), un dos anfibios máis frecuentes da provincia, que parece manter boas poboacións nas proximidades deste encoro do concello de Vilariño de Conso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario