COLEGAS

viernes, 16 de julio de 2010

Coellos de monte na cidade de Ourense.














É curiosa a capacidade da fauna salvaxe para adaptarse en ocasións ás máis variadas cicunstanciás, onte mesmo, 15 de xullo de 2010, puiden comprovar como, nun solar abandonado do barrio de Mariñamansa, da cidade de Ourense, habitaba un pequeno e valeroso grupo de coellos de monte (Oryctolagus cuniculus).

O solar en cuestión atópase anexo a unha zona axardinada, así os coéllos se amosan como unhas eficaces máquinas cortacéspede, como amosan as imaxes nas que se ven unha nai e unha cría pacendo no céspede.

O coello de monte é a forma salvaxe dos coellos das nosas granxas, forma unha parte importantísima da comunidade biolóxica dos hábitats ibéricos, ao ser a base alimenticia dun gran número de depredadores, hai uns anos, as poboacións europeas de coellos de monte sufriron unha dramática merma ao sufrir consecutivamente, dous procesos de pestes, a mixomatose e a frebe hemorráxico-vírica, o que trouxo como consecuencia unha forte diminución das poboacións de certas aves rapaces e certor mamíferos carnívoros.

Na actualidade, e pese á persecución directa por parte do home mediante a caza, parece que en certos lugares mudou a tendencia regresiva das poboacións de coellos, reconquistanto, pouco a pouco parte do terreo perdido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario