COLEGAS

viernes, 9 de julio de 2010

Ladras en Ourense.





























Durante a pasada noite do 8 de xullo de 2010, na compaña de Martiño Cabana e Rafa Vázquez, foron localizados numerosos exemplares de ladra (Tarentola mauritanica) en diversos puntos do Norte da cidade de Ourense, pondo de manifesto a entidade da poboación asentada nesta parte da provincia, que quizáis teña unha orixe alóctona debida ao tráfico de mercadorías e ao transporte pasivo e continuado de exemplares.

As ladra son réptiles de hábitos trepadores e nocturnos, para trepar polas paredes válense da fisonomía dos seu dedos, que podedes apreciar claramente nunha das imaxes na que se observa unha ladra en posición ventral, así son capaces de desprazarse polas paredes máis lisas, incluso boca abaixo.

As ladra posúen así mesmo unha alta variabilidade individual no deseño das cores, polo que dentro da mesma poboación podemos atopar exemplares moi diferentes entre sí, algo común a outras especies de hérpetos, como a lagartiña galega (Podarcis bocagei), o sapo conqueiro (Bufo bufo) ou a píntega (Salamandra salamandra), detalle que se aprecia na variedade cromática dos exemplares fotografados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario