A toupa (Talpa occidentalis) é un coñecido mamífero insectívoro, tan frecuente como odiado, na provincia de Ourense, o que pouca xente coñece é que a especie de toupa que poboa as terras galegas é unha especie endémica da Península ibérica.
Dise que unha especie é endémica dun territorio determinado cando a súa distribución atinxe exclusivamente a ese territorio, así diremos que unha especie é endémica da Península ibérica cando de todo o planeta soio a podemos atopar nesta misma.
As imaxes presentes amosan un exemplar de toupa ibérica atopado morto nas Areeiras da Limia en Sandiás o pasado día 11 de xullo de 2010, neslas podedes apreciar a fisonomía desta especie cabadora, adaptada perfectamente aos seus hábitos soterráneos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario