COLEGAS

viernes, 23 de julio de 2010

Liberación de Cegoñas en Ourense.












Hoxe día 23 de xullo de 2010 foron liberados 4 exemplares de cegoña branca (Ciconia ciconia) no río Miño á altura de Untes (Ourense), as cegoñas proviñan do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Alto do Rodicio.

A liberación enmarcouse dentro das Actividades de Verán da Aula da Natureza do Río Miño, dependente da concellería de Educación do Concello de Ourense, actividades nas que colaboro un ano máis.

Como testemuñas unha treintena de rapaces e alguns dos seus pais, prensa e algunhas autoridades, ao mesmo tempo os rapaces disfrutaron dunha xornada de observación ornitolóxica, usando os observatorios instalados na ribeira do río Miño, tivemos a sorte de observar un miñato queimado (Milvus migrans), varias gaivotas craras (Larus michahellis), unha gaivota escura (Larus fuscus) e unha garza real (Ardea cinerea).

Eu ando por ahí perdido nalgunha das imaxes, nos vos direi quen son para que non o comparedes ca foto do perfil...jeje, o tempo non pasa en valde para ninguén.

Previo á liberación as aves foron aneladas, actividade da que os rapaces tamén foron testemuñas, agardemos ter sementado futuros ornitólogos para a provincia, que boa falla nos fai.

4 comentarios:

  1. Vexo que mesmo tedes un observatorio no río Miño (curioso, si señor..). E nós aqui, na lagoa da Frouxeira, que levábamos 10 anos sen el, ata esta semana.
    Porcerto, se non cho dixen xa, parabéns polo excelente traballo co censo de Ixobritchus minutus e Acrocephalus arundinaceus nas areeiras. Ao mellor paso por alí a semana que ven (faltan moitas citas de hérpetos pola zona)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. El trabajo de las personas a las que les preocupa la naturaleza, tanto, que hacen de ello su profesión, es uno de los que más admiro.

    Enhorabuena.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Hola e moitas gracias polos vosos comentarios, quería puntualizar que no río Miño, augas abaixo das Termas de Outariz, hai dous observatorios en perfecto orde de revista, por si os queredes utilizar.

    ResponderEliminar