O pasado día 11 de xullo de 2010 foron observadas tres exemplares de miñato queimado (Milvus migrans) nas areeiras da Limia, no concello limiao de Sandiás, un dos cales é o que aparece nas imaxes.
O miñato queimado transformouse nos últimos tempos, nunha das aves rapaces máis frecuentes da provincia, quizáis axudado pola proliferación de certas especies de peixes introducidas, como por exemplo a carpa (Ciprinus carpio).
No hay comentarios:
Publicar un comentario