COLEGAS

martes, 26 de mayo de 2015

Unha cegoña anelada na limia.

Como xa observaríades, nos derradeiros meses a miña actividade blogueira foi bastante escasa, tanto por falla de tempo, como por falla de motivación, pero neste momento persoal de cambio e veolución, chegou o mento de dar saída ao arquivo fotográfico almacenado. 

Non fai falla dicir, seguramente, que a miña actividade bicheira se verá trasladada en breve á provincia de pontevedra, pero aínda non decidín como vou a facer con ese tema, aceitanse suxestións...

Vaiamos ao grao, que eu deseguida me vou polas polas....hahaha, seguro que tamén a vós vos soa ese xogo de palabras que o meu mestre de galego facía con esas verbas e aquelo do oso do oso....

O pasado mes de xaneiro recivín a visita de David Alvarez, autor do magnífico blogue "Naturaleza Cantábrica". Xa sabes David que agora agárdote en Vigo. Xuntos demos unha volta polo sempre sorprende espazo natural das Areeiras da Limia, incluído dentro da ZEPA da Limia, trátase dun conxunto de lagoas producidas pola actividade mineira de extracción de area, e que, naturalizadas con posterioridade, pasan por ser unha das zonas húmidas máis interesantes do interior galaico.

Ese día, o pasado 3 de xaneiro de 2015, atopamonos cun exemplar de cegoña branca (Ciconia ciconia), bastante maltreito por certo, anelado nunha das pistas a carón dunha das areeiras da Limia. Sei que esta información perde validez ao non dala no momento, pero bueno, ahí están as imaxes que testemuñan o encontro con este animal.








domingo, 24 de mayo de 2015

O Lar do Queixa, unha nova proposta hosteleira en Vigo.



Como moitos de vós sabedes a miña profesión oficial, digamos aquela coa que me gaño o pan, é a hostelería. Nos derradeiros tempos tomei a decisión de ser autónomo, coas vantaxes e inconvintes que este feito ten. Moitos de vós coñecedesme das miñas anteriores propostas, maís agora, nun punto vital, digamos diferente, achégome a vós cun novo a arriscado proxecto, nunha nova cidade, Vigo (Pontevedra).

Hai xa uns cantos anos unha historia cativoume e chegou a obsesionarme como ninguha outra das que me teño atopado durante o meu percorrido como naturalista, esa historia é a do queixa, ser cuase mitolóxico do macizo central ourensán que asimilamos como unha caste de gran felino, moi posiblemente o lince boreal ou europeo.

 Así, como paso dos anos, crin oportuno adicarlle o nome a ese ser que dende aquela se transformou no meu totem, así naceu o pasado día 22 de maio de 2015, "O Lar do Queixa".

"O Lar do Queixa",  é unha tetería e cervexería situada na Praza de Heraclio Botana de Vigo, a cabalo entra as rúas de Garcia Barbón e Rosalía de Castro, en pleno centro da cidade pero nun lugar tranquilo onde disfrutarán dun ambiente e un clima amable. 

A nosa proposta como tetería pasa por unha amplia carta de infusións con máis de 25 variedades diferentes á túa disposición, e isto e soio o comezo, porque contamos superalas cincuenta en moi pouco tempo.

Como cervexería, ademáis das cervexas máis comerciais, a nosa proposta pasa por unha ampla carta de cervexas artesás e galegas, xa que coidamos que é unha boa maneira de facer país entre todos. No noso local atoparás a cervexa galega que máis che apeteza, e se non te decides, non te preocupes, por que nós asesorarémoste para que quedes satisfeito.



Non esquezas que as nosas cervexas e infusións van sempre acompañadas de pinchos que elaboramos no momento con productos de alta calidade, e temos interesantes apostas para veganos e vexetarianos.

A tetería cervexería O Lar do Queixa abriu as súas portas o pasado día 22 de maio de 2015, para tal ocasión contamos coa presenza do grupo ourensán The Tetas Van, que nos deleitou cunha impresionante actuación en directo.

Esta tetería nace co firme propósito de facer país, como tal, no noso local sempre terán boa acollida todas as propostas artísticas e culturais que axuden a tal fin, se tendes unha proposta non dubidedes en porvos en contacto con nós a través da nosa páxina de facebook,  https://www.facebook.com/olardoqueixa e se queredes, e xa que estades dentro, dádelle un me gusta....


O Lar do Queixa ten un horario de tarde, abrindo de 17:00 h en adiante, e até que o corpo aguante, todos os días da semana, e conta con zona wifi e un reservado que demos en chamar o rincón do Lar, onde disfrutarás dun espazo íntimo para as túas reunións e quedadas, ambientado nun cuarto tradicional da Galiza de mediados do século XX.