COLEGAS

jueves, 4 de junio de 2009

Sapoconcho riscado, unha nova especie de réptil para Ourense




O día 5 de xuño de 2008 foi localizada unha poboación composta por varios exemplares adultos de sapoconcho riscado (Mauremys leprosa) no tramo ourensán do río Loña, esta nova poboación únese ás outras duas xa coñecidas na provincia, unha situada nas areiras da Limia en Sandiás e outra no encoro de Velle en Coles, a presenza desta especie en zonas fortemente humanizadas pode indicar unha orixe antrópica das nosas poboacións, sen embargo existe reproducción comprobada alomenos na Limia, por outra banda tamén a distribución desta especie termófila na provincia de Ourense coincide con outras especies das mesmas condicións bioclimáticas, como o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) ou a lagartixa rabilonga (Psammodromus algirus), o que podería indicar unha orixe natural das debanditas poboacións relacionada con outras da Galiza máis mediterránea como son as do Baixo Miño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario