COLEGAS

lunes, 28 de diciembre de 2009

Cotovía cristada en Vilar de Santos.





A cotovía cristada (Galerida cristata) é un parente das lavercas (Alauda arvensis), relativamente frecuente nas áreas agrícolas da provincia.

Dun tempo a esta parte veño observando como dous exemplares desta especie frecuentan as cunetas dunha estrada de Vilar de Santos, a estrada está rodeada de terras de cultivo e praderías, a carón deste mosaico hai unha casa co seu correspondente muro de pedra, que as cotovías usan como pousadoiro habitual, por exemplo cando algo as asusta, como o tráfico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario