COLEGAS

viernes, 26 de marzo de 2010

Os merguilletes cristados quentan motores para a crianza.




Xa están de volta os merguilletes cristados (Podiceps cristatus) coñecidos como galancia nalgunhas partes da Limia.

As areeiras da Limia acollen unha das poboacións reproductoras máis importantes de Galiza desta especie, sen embargo durante o inverno a maior parte da poboación abandona as areeiras para voltar na época reproductora que é a que agora nos ocupa.

Estes exemplares, 10 en total, foron localizados en varias das areeiras da Limia en Sandiás o día 20 de marzo de 2010.

1 comentario:

  1. Un nome tradicional na Limia para Podiceps cristatus, por certo moi fermoso, é "galancia" (Villarino, A.; González, S. & Bárcena, F. 2002. Vertebrados da Limia. De Antela ós nosos días. Volume I: Gaviidae-Picidae. Limaia Edición, Sandiás).
    Apertas e parabéns polo bo traballo que estás a desenvolver no teu blog,
    Damián

    ResponderEliminar