COLEGAS

viernes, 5 de marzo de 2010

Xiríns en Vilar de Santos.





Despois dunha tempada enfermo, voltamos á carga coa mesma ilusión de sempre para amosarvo-las maravillas desta terra chamada Ourense.

O pasado día 21 de febreiro de 2010, detrás da casa da miña tía, no pobo limiao de Castelaos (Vilar de Santos) apareceu súbitamente un bando duns 30 xiríns (Serinus serinus) a comer da colleita de sementes da herba que medrou entre as mazairas familiares.

Os xirín son uns pequenos paxaros, da familia dos verderolos e os xílgaros, migradores parciais, que durante o inverno se tornan máis gregarios realizando nomadeos erráticos na procura de alimento, de forma que, nalgunhas zonas parece que desaparece durante o inverno e noutras se torna máis abundante por momentos.

1 comentario:

  1. Boas xirín! Sabes que teño unha foto moi chula túa?? Teño que cha pasar...
    Pois o da ecovixía, pensareino pero a verdade non me coincide moi ben.
    Bico Enorme!

    ResponderEliminar