Este exemplar de cobra de auga de colar (Natrix natrix) foi atopado en terreos do concello limiao de Rairiz de Veiga próximos á capital municipal o pasado día 27 de abril de 2010.
A cobra de auga de colar é un réptil de hábitos semiacuáticos que recive o seu nome pola zona abrancazada que os exemplares máis novos posúen por tras da cabeza, nas poboacións ibéricas desta especie o colar soe desaparecer ca idade, aínda que algúns exemplares poden conservar esta característica durante toda a súa vida.
O exemplar que aparece nas imaxes é un subadulto polo que nel podedes apreciar a característica descrita anteriormente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario