COLEGAS

miércoles, 31 de julio de 2013

Rata gris en Punxín.

En ocasións pode ocorrer que certos seres, tidos por praga e abundantísimos, pode agochar tras de sí unha máis que interesante historia, descoñecida para a maior parte da xente. Tal é o caso da rata gris ou parda (Rattus norvegicus).

Esta especie leva con nós apenas dous séculos, xa que as primeiras localizacións na Península ibérica datan do século XIX. A rata parda chegou ao continente europeo, como comensal do home, no século XVIII, provinte do centro do continente asíatico. Orixe á súa vez doutras especies de roedores comensais do home coma a rata negra (Rattus rattus) ou o rato caseiro (Mus musculus).

Na actualidade a rata parda habita a práctica totalidade das zonas habitadas da provincia, tenmdo a ser sustituida pola rata negra nas zonas máis campestres e agrestes, evitando asemade ás zonas máis montañosas.

En certos hábittas especialmente delicados, como os ecosistemas insulares, a rata gris pode chegar a ser un grave foco de desequilibrio ecolóxico pola súa gran capacidade depredadora.

En xeral pode dicirse que é unha especie que depende en grande medida da presencia humana para o seu desenrrolo, aínda que se coñecen poboacións independentes e alonxadas dos de poboacións, como as de certos illotes de certos arquipélagos.

Trátase dun dos maiores roedores da nosa provincia, e posúe unha complexa estructura social, cunha femia dominante por grupo (raiña), un macho dominante (rey) e demáis elementos obreiros subadultos(subditos) que en certa medida ás achega no seu comportamentos ás estructuras de certos insectos sociais como as abellas ou as formigas.

Nas imaxes sendos exemplares adulto e un exemplar novio, atopados mortos nas proximidades dun núcleo rural a carón do río Barbantiño (Punxin) ao londo deste derradeiro ano, presumiblemente depredados por algún gato da veciñanza.






No hay comentarios:

Publicar un comentario